O meu nome é Sebastián.
Estas últimas dúas semanas de confinamento foron bastante diferentes das anteriores, porque me tomei a molestia de investigar máis en profundidade este problema en que estamos metidos a poboación mundial e, a verdade, hai tantas cousas que non entendo, tantas cousas que me fan pensar cousas negativas das persoas que nos gobernan; tamén moitas cousas que vexo nas redes sociais e, a verdade, moitas das cousas que vexo me entristecen porque eu me sinto enganado polos que nos gobernan, sinto que non lles importamos nada...creo que calquera persoa suficientemente intelixente sabe ao que me refiro, sabe que ao final imos ser nós mesmos, o pobo, os que de novo levantaremos os cimentos dun edificio que cada día cae...
Pero tamén saco as miñas cousas positivas dentro do malo, valorar as cousas insignificantes que a vida nos brinda, porque estes días teño recordos de momentos que, no seu momento, para min non tiñan importancia e agora recordo e digo, que feliz fun neses días, estou aprendendo a valorar o tempo, leo moitos libros de crecemento persoal, leo a moitas persoas que teñen dons especiais, que poden axudarte a combater o medo e a ansiedade, estudo e fago test para o carné de conducir e fago deberes e comparto o tempo coa miña familia, e, sobre todo, penso que quero que isto acabe ben e cedo, polo ben de todos. Tiven os meus días de baixóns, como case todo o mundo, pero tento ser sempre máis forte que os meus medos e salgo "a flote" de novo , habilidades que descubrín que tiña e non o sabía, non deixarme afundir por pensamentos negativos e sempre verlle o positivo a todo.
Sebastián Garcés López. ESA 2, Adultos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario