domingo, 28 de febreiro de 2021

Un filme, baseado nun cómic, cada semana...ou cada mes..."María y yo"


   O filme, documental, trata dunha nena con autismo cuxos pais se decatan da  súa condición  cando ten once meses...a medida que a nena vai crecendo, a autismo nótase máis...Na película, cóntase como cada ano o seu pai a visita en Canarias, onde ela vive coa súa nai, e pasan uns días de vacacións xuntos. O filme mostra como os pais aprenden pouco a pouco a tratar á súa filla e a saber o que lle gusta; seu pai trata de darlle os mellores momentos para que ela estea feliz.

Gustounos ver o amor que teñen os pais pola súa filla, e como buscan unha escola onde poidan axudar a María a potenciar as súas capacidades...aínda que algúns pensamos que podían estimulala máis, e que os pais debían estar xuntos para poder axudala mellor...Certamente, ter un fillo ou unha filla con autismo é todo un reto que non todo o mundo sabería levar tan ben como o fan os protagonistas.

                                                    Alumnado ESA 1, Adultos.

Nota: o cómic sobre o que se basea o documental e a súa continuación, "María cumple 20 años" están á vosa disposición na biblioteca do instituto.
 

domingo, 21 de febreiro de 2021

Un libro cada semana...ou cada mes..."Historia de una gaviota y del gato que le enseñó a volar"




Historia de una  gaviota y del  gato que le enseñó  a volar é un libro que apela principalmente ao publico infantil e relata as aventuras de Zorbas, un gato «grande, negro e gordo» cuxo inquebrantable sentido do honor o conduce un día a comprometerse a criar un pitiño de gaivota. A nai do pitiño, unha fermosa gaivota de plumas douradas, atrapada por unha ola de petróleo vertido no mar por un buque embarrancado, lle entrega a Zorbas, pouco antes de morrer, o ovo que acaba de poñer. Zorbas, un gato de palabra, terá dificultades para cumprir con dúas importantes promesas: non soamente criará ao pitiño, senón que lle ensinará a voar. Os amigos de Zorbas, Secretario, Sabelotodo, Barlovento e Colonello,  axudarano coas súas novas responsabilidades, xa que axiña se verá, como era de esperar, que coidar dun pitiño de gaivota non é tan fácil para un  gato máis ben acostumado á dura vida no porto.

Escollín esta novela baseándome noutra novela do mesmo autor que previamente lera: "Un viejo que leía novelas de amor". Xa por entón cativoume a maña do autor para concienciar sobre os danos que o home exerce na natureza e, descubrindo axiña que esta novela toucaba, aínda que de xeito máis superficial, o mesmo tema, pensei que probablemente se trataría dunha boa lectura.
Non me arrepinto de ler esta novela. En primeiro lugar, debido ao uso simple da lingua que fai pola audiencia infantil que pretende apelar, lese en apenas un par de horas. A novela consegue relatar unha historia adorable chea  de ensinanzas para a vida das que non soamente os máis novos poden aprender. Así, a perseveranza  que Zorbas, o gato negro, posúe, lle serve para cumprir a difícil promesa de coidar de Fortuna, o pitiño da gaivota. Por outra banda, os gatos amigos, Secretario, Sabelotodo, Barlovento e Colonello,  ensinan unha característica importante da amizade, mostrándose axiña tamén ávidos de coidar de Fortuna e que así Zorbas non teña que facelo todo por sí mesmo. A novela ensínanos tamén a superar os nosos temores máis grandes con entrañables oracións tales como "Soamente voa o que se atreve a facelo". Sen embargo, existen cousas que desta novela non acabaron de convencerme. Aínda que empatizar con Zorbas e os seus amigos gatos non me resultou difícil, nunca puiden sentir verdadeiro cariño por Fortunata, o pitiño da gaivota, máis do que me suscitou saber que era o principal personaxe motor da historia. Ademais, pareceume que se podería ter  conseguido falar de polución de forma menos directa, por exemplo, a través do uso de metáforas. Os exemplos que ao longo da historia encontramos referentes aos danos que o home causa na natureza séntense forzados, como se o autor non soubese instruír sobre o tema dun xeito máis sutil, cousa que, en realidade, non é así, como se pode percibir  a través da lectura da súa outra obra anteriormente mencionada. Pero realmente penso que os aspectos positivos da novela conseguen esvaecer estas nimiedades. É motivo de tristeza para mín non poder falar das últimas 20 páxinas da novela que, na miña opinión, foron fascinantes, porque  arruinaría a trama dunha obra  que supón unha travesía que calquera na busca de, polo menos, un ápice de esperanza, debería emprender.
                                                                           C. P. , Bacharelato Adultos.

domingo, 14 de febreiro de 2021

Un libro cada semana...ou cada mes..."o misterio das catro cartas"



 O gran detective belga empeza o día con mal pé: unha muller moi anoxada  espérao na porta da súa casa. Chámase Sylvia Rule e  cun ton esixente pide coñecer o motivo polo cal Poirot envioulle unha carta acusándoa do asasinato de Barnabas Pandy, un home que non coñece. O problema é que Poirot non mandou ningunha carta e ademais non coñece ao señor Pandy. O desconcerto que ten é total, cando, horas máis tarde, descobre que no seu salón espera  un descoñecido que tamén afirma ter recibido unha carta asinada do seu puño e letra esa mesma mañá e que, sorprendentemente, o acusa tamén do asasinato do señor Barnabas...

 Volve Hércules Poirot nunha novela onde o misterio está asegurado.

                   Pablo Miñambres López- Perea, 2º Bacharelato Adultos.


domingo, 7 de febreiro de 2021

Un libro cada semana...ou cada mes..."Ataúde pechado"


 

Irlanda, ano 1929. Lady Athelinda Playford invitou a varias persoas a pasar uns días en Lillieoak,  a súa  luxosa casa de campo. Durante a primeira noite, anuncia que decidiu cambiar o seu testamento, deixando aos  seus fillos sen un peso  e legar toda a súa fortuna a alguén alleo á familia. Pero pronto algo estraño centrará a atención de todos os presentes: un deles aparece asasinado.

A presenza entre eles do célebre detective Hércules Poirot e do inspector Edward Catchpool será fundamental, xa que todos os presentes na casa poden ser o asasino, e máis,  despois de que a noticia dada pola anfitrioa puxese nerviosos a todos eles.

Tras o éxito do primeiro libro desta autora homenaxeando a Agatha Christie nos “Crimes do monograma”, volve o detective das  células grises nun dos casos máis difíciles que tivo na súa carreira.

                   Pablo Miñambres López- Perea. 2º Bacharelato Adultos.