Carvalho Calero como educador
Como puiden aprender, a través da lectura dun artigo do "Faro
de Vigo", supuxo para min unha gran importancia a faceta como educador que Carvalho Calero
tivo, entre o resto das súas ocupacións (filólogo, lingüista, sociolingüista,
literato e polígrafo). E é que a figura de Carvalho Calero podería
considerarse, ao meu parecer, un reflexo dun espírito loitador pola erudición e
a sabedoría, conveniente de observar como modelo para seguir pola súa capacidade
de instaurar bos métodos de estudo.
Finalizada a Guerra Civil, Calero foi condenado a doce anos
no cárcere de Xaén por separatista. Imposibilitado para exercer a función pública,
tivo a sorte de encontrar refuxio como conselleiro delegado no Colexio Fingoi
de Lugo, grazas ao filántropo e empresario galego Antonio Fernández López. Por
quince anos, Calero foi un verdadeiro educador modélico que seguía os
principios da "Institución Libre de Enseñanza*.
Na práctica, actuou como director do centro. Así, desenvolveu
estratexias didácticas renovadoras que se traducirían no fomento do amor cara ao
idioma entre todo o seu alumnado. Carvalho puxo gran énfase na ensinanza da
lingua galega, a súa orixe, evolución, común co portugués, e a historia da
literatura. No colexio lucense organizáranse actividades relativas ás danzas
típicas galegas, e Calero observaba a presenza do teatro na educación como un
método poderoso para instruír a nenos e adolescentes.
Outro dos importantes métodos de estudo que Calero impulsou
foi unha educación que non perseguise o memorismo, senón que fose
verdadeiramente útil na vida do alumnado. Os libros de texto no Colexio Fingoi non
existiran, estaban destinados unicamente á consulta e lectura, impulsando así a
habilidade dos estudantes para documentarse por sí mesmos. Ademais, Calero foi
defensor da igualdade de nenos e nenas, aos que ensinou a tratarse mutuamente con
respecto.
Como é ben sabido, a educación pode ser un método
excepcional para construír unha sociedade culta. Os valores e a ensinanza de
Calero mostrarían máis tarde traer bos frutos: foi grazas á súa dirección como
xurdiron interesantes pintores, escultores, literatos e cineastas.
*Algúns principios que
perseguira a Institución Libre de Enseñanza (ILE):
·
Despertar o interese do
alumnado cara á cultura e a capacidade de gobernar a súa propia vida.
·
Igualdade de xénero:
o trato equitativo de alumnos e alumnas.
·
Rexeitamento dun sistema
educativo con exames e castigos.
C.P, 1º Bacharelato Adultos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario