domingo, 28 de abril de 2019

Un libro cada semana...ou cada mes..."Futuro imperfecto"




   A novela  autobiográfica de Xulia Alonso trata dunha rapaza de familia normal, que ao chegar á universidade se desmanda. Comeza a saír cun mozo e  caen nas drogas...aínda que se desintoxican, collen a SIDA. El acaba morrendo pero ela, en forma de carta a el, conta  a súa historia de amor e superación.
   A obra parécenos moi educativa, describe moi ben o sufrimento que pasan  os drogadictos e os seus seres queridos, e as terribles consecuencias desas adiccións, que poden levar mesmo á morte. A novela mostra,  ademais, que se unha persoa crece sen liberdades, o día  en que as teña pode descontrolarse e facer cousas que probablemente non faría de ter adquirido esa liberdade pouco a pouco.
  Tamén mostra que, pese ás adversidades,  pódese saír adiante.
  A novela gustounos moito; ademais de entretida, pareceunos que pode ensinar moitas cousas.
 
                    Iria E. Guerrero e Paula Puente. 1º Bacharelato Adultos.

mércores, 17 de abril de 2019

Un filme cada semana...ou cada mes..."A teoría do todo"

 
 
 
 
   O filme de James Marsh retrata as alegrías e tristezas, as teorías e descubrimentos, a vida familiar, a xuventude e a madureza, do astrofísico británico Stephen Hawking, unha das maiores mentes do noso tempo.
  Baseada na novela Ata o infinito, escrita por Jane Wilde, quen fora a primeira esposa do científico, a película introdúcenos na vida privada de Hawking, desde os seus inicios  nas universidades de Oxford e Cambridge até a súa terrible enfermidade. Optou a cinco Óscar, entre eles o de mellor actor para Eddie Redmayne, que xa logrou o Globo de Ouro por esta interpretación.
  Aínda que os dous protagonistas ofrecen grandes actuacións, o filme está, na miña opinión, sobrevalorado, e cae no melodramático. En vez de conseguir achegar o personaxe de Stephen Hawking e o seu lado máis humano ao espectador, o único que consegue é que choremos ou sintamos compaixón por el.
 
                                           Diana Prego Arriero. 1º Bacharelato Adultos.
         

martes, 9 de abril de 2019

Un filme cada semana...ou cada mes... " Na busca da felicidade"

 
 
 
   É unha película baseada na historia real de Chris Gardner, protagonizada por Will Smith e o seu fillo Jaden. Relátanos a historia dun pai de familia que loita por sobrevivir. Pese aos seus intentos de manter a familia, non logra soportar a presión económica e decide marchar co seu fillo. Consegue un traballo, que perde, e pai e fillo quedan no máis completo abandono....Pero a fortaleza de Chris supera calquera obstáculo...
   Esta película déixanos unha  grande  ensinanza de vida, e móstranos a un pai con grandes sentimentos, cun carácter moi marcado, quen, pese a pasar por situacións duras, que o levan a desesperarse, mantén na cabeza unha meta por alcanzar...e faino grazas á  súa seguridade, autoestima, autocontrol e perseveranza. En definitiva, creo que esta película nos fai valorar as cousas moito máis e con ela aprendemos grandes leccións de vida.
                                                 Aarón Lorenzo Fraga, 1º Bacharelato Adultos.
 

luns, 1 de abril de 2019

Días da Poesía e dos Bosques

O alumnado de 2 ESO V celebrou o 21 de marzo, Día da Poesía, escribindo os seus primeiros poemas. E como ese mesmo día se festexaba o Día dos Bosques, o tema foi a Natureza.  Aquí vos deixamos uns versos:

Refleja la luz del sol
a través del alto árbol
veo una bella flor
con sus pétalos de mármol.

     (Rafael Romero Seoane)

Esta mañana la luz del sol
brilla en el árbol, brilla en la flor,
la triste sombra de mi dolor
de mis ojos se desvaneció.
            (Michelle A. Briceño Rico)