domingo, 12 de decembro de 2021
Un libro cada semana...ou cada mes..."Casas e tumbas"
sábado, 11 de decembro de 2021
domingo, 28 de novembro de 2021
Unha serie cada semana...ou cada mes..."Lucifer"
A historia de Lucifer é a que todos coñecemos: un anxo caído do ceo. Pero este señor do inferno está aburrido coa súa propia existencia. Por este motivo, Lucifer decide deixar o seu reino e dirixirse á cidade de Los Angeles para descubrir o que o mundo mortal pode ofrecerlle.
Gustoume moito esta serie, é moi boa e entretida, e ver como Lucifer está adaptándose ao mundo é algo interesante que fai que queiras ver máis. Encantáronme, ademais, todos os personaxes.
Lorianny Nicol Suero.
domingo, 14 de novembro de 2021
Un libro cada semana...ou cada mes...Rebeldes", de Susan E. Hinton.
A historia conta a forma de vivir de Ponyboy e os seus irmáns, que vivían sós porque os seus pais morreran nun accidente de tráfico. Ponyboy e seus irmáns pertencían a unha banda chamada Greasers, que tiñan problemas con outras bandas . Todo comeza con conflitos que xeran loitas na rúa, rematando nun final tráxico para o irmán do protagonista. Despois de todo o acontecido, Ponyboy decide voltar á escola onde conta a historia da súa vida na rúa.
Gustoume moito o libro, aínda que hai momentos tristes, porque conta a realidade, o que pode acontecer na vida real.
Silvia Ribeiro Rodríguez.
domingo, 31 de outubro de 2021
Un libro cada semana...ou cada mes..."los ritos del agua"
Ana Belén
Liaño, ex novia de Kraken, o protagonista, aparece asasinada. A muller estaba
embarazada e foi executada segundo un ritual de hai 2600 anos, queimada, colgada
e submerxida nun caldeiro da Idade do Bronce.
1992: Unai e
os seus mellores amigos traballan na reconstrución dun poboado cántabro. Alí descubrirán unha muller que se convertirá no primeiro amor deles.
2016: Kraken
ten que deter un asasino que imita os ritos da auga en lugares sagrados do
País Basco e Cantabria.
É o segundo
libro da Triloxía da cidade branca e trasládate totalmente ao ambiente.
domingo, 24 de outubro de 2021
martes, 19 de outubro de 2021
domingo, 10 de outubro de 2021
Un filme cada semana...ou cada mes..."A cabana"
Despois de sufrir unha traxedia familiar, Mack Phillips cae nunha profunda depresión que o leva a cuestionar todas as súas crenzas. Mergullado nunha crise de fe, recibe unha enigmática carta onde un misterioso personaxe o cita nunha cabana abandonada no fondo dos bosques de Oregon. A pesar das súas dúbidas, Mack viaxa á cabana, onde coñece a alguén inesperado...
Foi a miña película favorita en canto a vin. Toca moitos temas nos que todos estamos confundidos e temos preguntas (morte, dor, xustiza e, sobre todo, o corazón de Deus e a relación que se supón que temos con el). Coñezo moita xente que a viu e nin unha soa a puido ver sen chorar. É unha película que marca un antes e un despois de vela, ten moitos efectos secuenciais até curar o teu corazón.
Recomendo vela cunha mente moi aberta, pero se o fas, verás unha historia que se converterá nun tesouro que gardarás no teu corazón para sempre.
A miña nota é un dez.
Pávila Juliane de Oliveira.
domingo, 26 de setembro de 2021
Un libro cada semana...ou cada mes..."O profesor"
domingo, 19 de setembro de 2021
Unha serie literaria e cinematográfica cada semana...ou cada mes..."Harry Potter"
En principio Harry Potter é unha serie de libros nos que o protagonista trata de descubrir quen matou aos seus pais grazas a un espello que descobre no instituto...A partir de aí, e xa tamén en filme, todas as aventuras dunha serie que non é só de magos, senón que fala tamén de competitividade, amizade, honra e capacidade de perdón.
Esta serie gustounos a millóns de persoas que fomos medrando con cada un dos libros e cada unha das películas que conseguiron unir a diferentes xeracións , grazas aos seus pintorescos personaxes, dos que observamos como falan, como se senten, todos descritos coas súas personalidades e caracterísitcas diferentes.
M.V. Adultos.
domingo, 12 de setembro de 2021
Un filme cada semana...ou cada mes..."Múltiple"
Debido a un trauma na primeira infancia, Kevin sofre un trastorno disociativo de identidade (DID), máis comunmente coñecido como Trastorno de Personalidadeúltiple. Dentro del conviven 23 identidades diferentes. Entre elas están as personalidades de Barry, un aspirante a deseñador de moda; Dennis, un obsesivo-compulsivo que sempre foi subestimado; Hedwig, un neno traveso de nove anos, e Patricia, unha muller de gran autoridade que actúa sospeitosamente amable. Para facer fronte ao seu trastorno, Kevin recibe axuda do doutor Fletcher, un psiquiatra que dedicou a súa vida a defender a xente con DID. O problema xorde cando algunhas das personalidades máis problemáticas de Kevin elaboran un plan cun misterioso e nefasto propósito. É entón cando Dennis secuestra a tres mozas adolescentes. E axiña os prisioneiros, dirixidos por Casey, atópanse nun búnker subterráneo e as súas vidas dependen deste peculiar captor con personalidades cambiantes.
O ritmo, perfecto. Pasan os
seus 152 minutos sen notalos e as escenas lentas e rápidas mestúranse para
marcar un paso coa consistencia suficiente para non aburrirse en ningún momento.
As escenas construíronse coidadosamente, a súa disposición e iluminación xogan
un papel importante na forma en que a cámara as captura e as mostra aos
espectadores.
Os entornos, o suficientemente
brillantes como para saber o que está pasando pero sen a luz para ver todo, deixan sombras en case todas as escenas e os primeiros planos da cara
convértense nunha característica fundamental da película. Aínda que estas tomas
compleméntanse con escenas máis abertas nas que o único que se pode mirar son
as caras dos protagonistas.
Múltiple mantén en todo
momento a tensión de descubrir quen é o verdadeiro protagonista da película.
Por un lado está Kevin (ou calquera das súas 23 identidades) e, por outro, as
rapazas secuestradas, Casey Cooke, e das que os flashbacks recorrentes nos
amosarán o seu pasado e o que ten que ver co presente.
En conclusión, é unha película
espectacular en que temas como trastornos psicolóxicos e sobre naturais son
tratados e na que os actores destacan as súas habilidades actorais (especialmente
Kevin, que ten que cubrir 24 papeis).
Recomendo ver esta película un fin de semana
mentres goza dun saboroso pudin.
Francisco Santiago Montero Rieiro. Adultos.
domingo, 5 de setembro de 2021
Un libro cada semana...ou cada mes..."O clube do crime dos xoves"
Nun tranquilo
complexo residencial para xubilados, catro improbables amigos reúnense unha vez
por semana para investigar antigos casos sen resolver. Eles son Ron o Roxo ,
mítico activista dos anos sesenta e setenta que non perdeu as súas ganas de liortas; a doce Joyce, unha enfermeira viúva non tan inxenua como aparenta;
Ibrahim, un veterano psiquiatra cunha incrible capacidade de análise, e a
tremenda é enigmática Elisabeth, quen, aos seus oitenta e un anos, lidera este
grupo de detectives afeccionados.
Cando un
promotor inmobiliario da zona é atopado morto, este peculiar "clube do crime dos xoves” encóntrase co seu primeiro caso actual. Chegou o momento de
que estes octoxenarios saquen os seus ases da manga e demostren aquilo do que son
capaces de facer.
Na miña opinión, esta novela está moi ben para divertirse e pasar un bo momento se levas moito
tempo lendo, e tamén é moi boa para empezar a collerlle o gustiño á lectura.
Pablo Miñambres López-Pereda. Adultos.
domingo, 29 de agosto de 2021
Tres series cada semana...ou cada mes..."Lupin" , "Brooklin 99" e "Legacies"
Baseada nos libros do francés Maurice Leblanc, a serie conta as aventuras de Assane Diop, admirador de Lupin e que o toma como exemplo e busca sobrevivir co que aprendeu nos libros protagonizados por este ladrón de "luva branca", do que se transforma en discípulo espiritual grazas aos libros que gardara seu pai, levado a prisión por un crime que non cometera...
É unha serie estadounidense, unha comedia policiaca. A serie xira en torno a Jake Peralta, un talentoso e inmaturo detective na ficticia comisaría 99 de Brooklyn , quen frecuentemente entra en conflito co seu oficial ao mando.
É unha excelente comedia; cada actor dá o seu toque especial, xusto e necesario para desenvolver a trama. Os romances non son forzados e a maioría dos chistes son moi graciosos.
É unha das miñas series favoritas, xa que está chea de aventura, maxia e moitas sorpresas. O meu personaxe favorito é Hope, e espero que nas próximas temporadas saque o seu lado Mikaelson e nos mostre o poderosa que é.
Hanan Al Mansouri, 1º Bacharelato Adultos.
domingo, 22 de agosto de 2021
Un libro cada semana...ou cada mes..."La librería del señor Livingstone"
Agnes Martí é
unha xove arqueóloga de orixe barcelonesa que se muda a Londres en busca dunha
oportunidade. Pouco tempo despois de chegar á cidade, é sorprendida por unha
forte choiva mentres pasea polo barrio do Temple e refúxiase nunha libraría moi
especial chamada Moonlight Books. Edward Livingstone está buscando unha
axudante e, no tempo que Agnes tarda en secarse e tomar unha taza de té, ambos
comprenden que non é casualidade que sexa precisamente ela quen chamou á súa
porta.
A medida que
pasan os días, Agnes vai descubrindo o carácter rosmón do seu novo xefe, as
excentricidades da súa clientela habitual e o encanto desta pequena pero gran
libraría. Até que un día, un dos libros máis prezados das estanterías
desaparece e o inspector de policía John Lockwood entra en escena para facerse
cargo da investigación e revolucionar a tranquila vida de Agnes...
Unha historia
para todos aqueles que sentiron que alguna vez a literatura os salvaba.
Pablo Miñambres López Perea, 2º Bacharelato Adultos.
domingo, 15 de agosto de 2021
Un filme cada semana...ou cada mes..."O labirinto do fauno"
Na miña opinión, a película é o relato fantaseado dos horrores da posguerra e da maldade do ser humano; moitas das imaxes son sanguentas pero realistas porque, por desgraza, foi o que ocorreu neses anos.
Se che gustan as películas de fantasía esta é a túa, pero non che aconsello que a vexas se che impresiona o sangue.
Gema Conde. 1º Bacharelato Adultos.
domingo, 8 de agosto de 2021
Un libro cada semana...ou cada mes..."La puerta"
O achado do
cadáver dunha xove, asasinada mediante unha antiga forma ritual aos pés da
mítica Porta do Alén, desconcerta aos investigadores. A axente Raque Colina é
unha recén chegada a ese curruncho perdido de Galicia para tratar de salvar ao
seu fillo, ao que á medicina xa non pode curar. Sen outra alternativa, e chea
de dúbidas, Raquel tería recorrido a unha menciñeira local, que prometía a curación do neno.
Sen embargo, a
misteriosa desaparición da curandeira e o descubrimento da vítima da Porta fan
sospeitar a Raquel que ambos casos poden estar relacionados. Coa complicidades
do seu compañeiro, nun ambiente máxico e rural que non acaba de comprender, comezará unha desesperada conta atrás para resolver o caso e así atopar a
última táboa de salvación que lle queda ao seu fillo.
Pablo Miñambres, 2º Bacharelato Adultos.
domingo, 1 de agosto de 2021
Un filme cada semana...ou cada mes..."Baixo a mesma estrela"
Móstranos a vida dunha adolescente que se enfronta ao cancro, sabendo que non ten cura; os seus días transcorren no hospital e sofre u nha gran depresión, até que coñece a Augustus, tamén moi enfermo e sen cura. Namoran e cumpren soños inimaxinables para eles até que algo terrible sucede...
É unha película moi bonita, mostra moitas cousas da vida, e que non sempre as historias de amor terminan cun final feliz, o de "viviron felices para sempre"; esta película faiche valorar máis as persoas que tes na túa vida.
Se buscas unha historia de amor puro e verdadeiro, e onde os dous se axudan mutuamente sen esperar nada a cambio do outro, e esperando sempre velo feliz, aínda que estean pasando unha grave enfermidade, recoméndoche ver "Baixo a mesma estrela".
Jennifer Vázquez Peña, ESA 3, Adultos.
domingo, 25 de xullo de 2021
Un libro cada semana...ou cada mes..."El arte de no amargarse la vida"
Este é un libro de crecemento persoal, escrito polo psicólogo Rafael Santandreu. No libro, o autor dinos que moitas veces nos preocupamos demasiado por cousas simples, ou cousas do futuro e tamén do pasado e esquecemos desfrutar do presente, que é o que realmente importa nas nosas vidas; debemos aprender a soltar os apegos e así obteremos máis tranquilidade.
Ao sentirnos mal ou deprimidos despois dun fracaso, só perdemos máis o tempo. O autor fala das necesidades que a sociedade nos crea, por exemplo, moitas situacións en que necesitamos ter alguén ao noso lado para ser felices, converterse en alguén na vida, ter bens propios, que outros che digan como debes desfrutar da vida...Pero Santandreu di que os seres humanos somos máis que iso, non necesitamos bens materiais ou luxos para alcanzar a felicidade . Intentemos ignorar este dogma moi marcado na sociedade e darlle só a importancia necesaria, sen chegar a extremos. Isto non quere dicir que nos resignemos, senón que intentemos cambiar para mellorar.
Santandreu suxire que debemos dar uns pasos, o primeiro é detectar os pensamentos irracionais que nos provocan estes sentimentos de angustia , e o segundo, proceder a romper con esas crenzas, deixar de pensar nelas e buscar solucións , e, por último, plantexar crenzas racionais.
Este é un libro motivacional, que axudou a moitas persoas en momentos moi difíciles das súas vidas. O libro ensina a deixar de lado eses problemas e a establecerse emocionalmente, e dános solucións para os nosos problemas mentais, que inflúen nos nosos estados afectivos. Permanecer atado ás precupacións lévanos á depresión; debemos aprender a deixar ir e só así teremos unha mellor calidade de vida, pese ás circunstancias que esteamos atravesando.
Candy Estefany Chino Quispe, 1º Bacharelato Adultos.
domingo, 18 de xullo de 2021
Un filme, baseado nun libro, cada semana...ou cada mes... "O ceo de medianoite".
Agustín, un científico que, despois dunha evacuación, decide quedar só no Ártico, tenta contactar cunha nave espacial que, tras
unha misión nunha das lúas de Xúpiter, tenta regresar á Terra. Agustín quere
evitar que un equipo de astronautas volva a casa, xa que isto implica unha morte
inevitable, porque se produciu unha misteriosa catástrofe global que deixou o
planeta nun estado inhabitable.
"Ceo de Medianoite", filme baseado na novela "Good
morning, Midnight" da escritora Lily Brooks Dalton, é unha película
peculiar: aínda que ao principio parece aburrida (non explican porque a terra
está nese estado, que é a enfermidade terminal de Augustine e incluso a razón
pola que unha misión tripulada é enviada á lúa K-23), acaba por ser bastante
entretida, tendo un par de "xiros argumentais" moi interesantes preto
do final.
En xeral, unha película relativamente entretida,
perfecta para un sábado ou un domingo pola tarde, e como non contén escenas de
+18, é aceptable para ver en familia. Póñolle un 7 sobre 10.
Francisco Santiago Montero. 1º Bacharelato Adultos.
domingo, 11 de xullo de 2021
Un libro cada semana...ou cada mes..."O tío Petros e a Conxectura de Goldbach".
"O tío Petros e a Conxectura de Goldbach" é unha novela divulgativa,en concreto de divulgacion matemática. Nela temos dous personaxes principais: Petros,un matematico xubilado, antisocial e frustrado, e por outra banda temos a o seu sobriño,o cal é un mozo que ten un interese e talento matemáticos fóra do normal. Nesta novela veremos anécdotas de moitos matemáticos famosos e os seus sentimentos respecto ás matemáticas, sentimentos como a obsesión e tolemia fronte á beleza matemática. A historia xira en torno á Conxectura de Goldbach, un dos problemas matemáticos máis antigos sen resolver. A novela empeza cando o noso protagonista decátase de que os seus pais estan planeando facer unha comida familiar, pero decátase de que o seu pai e a súa nai non queren convidar ao seu tío, Petros. O protagonista pregúntalles aos seus pais cal é a razón para no querer convidar o seu tío; os pais explícanlle que o seu tío é un ser humano estraño, antisocial e incapaz de manter unha conversación normal co resto da xente. Esta explicacion foi o que fixo que o noso protagonista empezase a sentir interese no seu tío. Ao final, os seus pais convidan a Petros tras as súplicas do seu fillo. O noso protagonista coñece a Petros e queda totalmente decepcionado tras ver nada máis que a un vello antisocial sen nada especial aparentemente. Cando a cea termina, o protagonista pregúntalle aos seus pais por que o seu tío eran tan antisocial e tiña eses ollos de peixe morto durante toda a cea. O pai cóntalle ao seu fillo a historia de Petros: O seu tío, Petros, fora de xoven; un importante e talentoso matemático; desde a escola notábase un talento matemático especial nel, diferente ao resto. Cando Petros escribía ecuacións matemáticas no encerado era como estar a ver a representación dos pensamentos de Deus escritos en linguaxe matemática. Tan alto era o nivel de Petros que puido traballar cos mellores matemáticos do mundo sendo practicamente un neno. Petros sentíase o novo Mesías, podía resolver calquera teorema matemático sen ningún problema, pero a soberbia tería que chegar ao seu fin; Petros atopa a que sería a súa inimiga até a súa morte, A Conxectura de Golbach. Petros namora totalmente da Conxectura, se a resolvía, sería tan grandioso e tan lembrado como o foron Arquimedes, Newton ouEnstein, pero Petros no daba resolvido a Conxectura de Golbach, só deixaba de facer cálculos matemáticos para comer e ir ao baño. Petros tiña unha amante, a cal acabou casando con outro home debido á obsesión de Petros coas matemáticas. Petros non tivo ningunha amante máis nin tivo fillos; cando chegou a os 45 anos deixou as matemáticas e foi vivir ás aforas nunha vila, para estar illado da xente e vivir coa vergoña en soedade.
domingo, 4 de xullo de 2021
Un filme cada semana...ou cada mes..."Escape room"
Película estadounidense de 2019, que trata sobre seis descoñecidos que teñen que resolver puzzles para pasar por habitacións sen morrer no intento. É unha película interesante, que amosa unha gran imaxinación e envólvete moito na situación; ademais, déixate, á súa maneira, participar nos puzzles e desenvolver o teu inxenio.
O filme, porén, ten erros, por exemplo, que ao principio che conta o final, o cal elimina un pouco a sorpresa do que sucederá, aínda que se desfruta, igualmente, moito. Garda unha mensaxe moi clara: que ti es o dono do teu destino e non só hai un camiño na vida.
Álex Santos Fernández, 1º Bacharelato Adultos.
martes, 29 de xuño de 2021
Concurso de videorrecitado de poemas
O departamento de Lingua castelá e Literatura convocou
no mes de abril un concurso de videorrecitado de poemas
entre o alumnado de ESO e Bacharelato.
Os participantes debían gravar vídeos recitando os seus
poemas, nos que podían utilizar efectos visuais e sonoros,
caracterizacións...
Os premios repartíronse en dúas categorías: un para 1º, 2º
e 3º de ESO; e outro para 4º de ESO e 1º e 2º de Bacharelato.
Os premiados recibiron diploma e un cheque regalo
por valor de 30 euros en libros.
Iria López Iglesias, alumna de 2º de ESO,
gañadora do concurso de videorrecitado de poemas 2021
domingo, 27 de xuño de 2021
Un libro cada semana...ou cada mes..."El chico de las bobinas"
Nil Roig é un rapaz que pasa ó día na bicicleta transportando bobinas dun cine a outro na cidade de Barcelona. O día do seu décimoterceiro aniversario é testemuña dun crime no portal da súa casa. Mentres o asasino foxe despois de ameazalo, o moribundo entrégalle ao neno un cromo dun famoso actor de cine da época, que é moi perseguido por un ex comandante da Gestapo e un policía sen escrúpulos. O feito de que o asasinado lle entregue a Nil o cromo pronunciando o nome do seu pai desaparecido arrastrará ao neno a resolver un segredo do pasado que pagará moi caro.
Esta novela
retrata unha Barcelona de luces e sombras onde as mulleres que aparecen teñen unha
fortaleza incomparable, xa que a guerra civil foi moi dura.
Pablo Miñambres López Perea, 2º Bacharelato Adultos.
domingo, 20 de xuño de 2021
Un filme cada semana...ou cada mes..."300"
Dende tempos antigos escoitamos falar do noso valente
pasado; daqueles tempos nos que se falaba de grandes pobos que loitaron pola
súa liberdade ante enormes exércitos, sobre valentes guerreiros que arriscan
todo por amor, coraxe, honra e orgullo... A película 300 trasládase a
estes tempos que antes se caracterizaron pola honra ante todo
"Espartanos ... esta noite cearemos no inferno" : con esta frase podemos definir 300, unha película que se centra en Esparta, unha das culturas máis
enigmáticas da historia. Poderíase dicir que son excepcionais, porque son unha
cultura eminentemente bélica, dedicada enteiramente á guerra. Teñen un código
de honra sobre o que significa ser espartano e dela sae unha clase heroica como antes nunca se vira.
A trama describe a historia do rei espartano Leonidas e dos
seus 300 guerreiros espartanos que loitaron ata a morte contra un
"rei-deus" persa, Xerxes e o seu exército de soldados. Debido á furia
da batalla, a raíña espartana intentou obter o apoio de Esparta para o seu
marido, convocando ao senado espartano, xa que "O rei morrería se non enviaran
o exército", pero o senado traizoou a toda Esparta e e non se puido enviar
o exército, deixando a Leonidas e os seus 300 homes abandonados no campo de
batalla. Leonidas deu a vida por Esparta, polo honor da súa terra, demostrando
que o sangue espartano é sangue de guerreiro.
Esta película é moi boa xa que nos dá boas mensaxes, como a
coraxe de Leonidas ao loitar só cos seus 300 homes contra o exército de Xerxes; unha historia que nos fala de loitar sabendo que non se pode gañar. Outro valor é o amor da muller espartana, que deu o seu corpo para salvar ao seu marido; todos estes elementos xustifican o éxito de 300.
En conclusión, recomendo esta película, porque, ademais de
proporcionar mensaxes positivas, estas van acompañadas de efectos cinematográficos que nos
levan a mergullarnos no pasado.
Tamén quería, para rematar, poñer en relación a temática da película coa dun poeta que estudamos este curso, Eduardo Pondal, o cal en poemas como "Morrer en brando leito" menciona os heroes que protagonizan o filme e mostra a súa admiración polos valores da antiga Esparta.
Gema Conde Negreira, 1º Bacharelato Adultos.
mércores, 16 de xuño de 2021
domingo, 13 de xuño de 2021
Un libro cada semana...ou cada mes..."A verdade sobre o caso Harry Quebert"
Ano 2008, o
escritor Marcus Goldman acaba de cumprir trinta anos e está no cume da súa
carreira. Cando a editorial lle pide ao escritor unha segunda novela, este
encóntrase na síndrome da páxina en branco. Entón decide ir en busca da única
persoa que o pode axudar, o seu amigo, o famoso escritor Harry Quebert. Todo se
torce cando un día os xardineiross descobren no xardín de Quebert o cadáver de
Nolla Kellergan, unha nena de quince anos que desaparecera no ano1975 e con a
que Harry mantiña unha relación...
Na miña
opinión, este libro é un das novelas obrigatorias de ler polo "enganche" que
xera a historia e porque é un bo comezo para ser un fan da lectura.
domingo, 6 de xuño de 2021
Un filme, baseado nunh libro, cada semana...ou cada mes..."Into the wild"
A película está baseada no libro de Jan Kraka. A historia trata sobre Christopher Mc Candless, un home que, ao rematar a universidade, inspirado por Thoreau ou Tolstoi, e canso do materialismo, a hipocrisía e o egoísmo da sociedade, decide emprender unha viaxe a Alaska para atopar na natureza a felicidade e o verdadeiro sentido da vida. No camiño vive moitas experiencias e deixa todo o seu mundo atrás, pero, cando finalmente chega ao seu destino, atópase só, afastado de todos na soedade da vida salvaxe e dáse conta de que a felicidade só é real cando é compartida.
Nesta película atópanse moitos valores e ensinanzas, ademais dunha reflexión sobre a nosa sociedade e sobre nós mesmos. Trátanse temas coma o materialismo e as aparencias, o moito que temos e o pouco que necesitamos realmente. A familia de Christopher é unha familia desestruturada á que só lle importa aparentar estar ben, con coches caros e un fillo con boas cualificacións académicas. Fálase tamén da procura de identidade, do amor e do perdón aos demais e a un mesmo.
Ademais, a banda sonora desta película é excelente , case todas as cancións son de Goldie Vedder e tratan temas moi axeitados á historia: o rexeitamento da sociedade, a liberdade e a natureza.
Outro aspecto destacable son as paisaxes; vemos moitas cidades diferentes na viaxe de Christopher: as imensas montañas no corazón de Alaska.
Na miña opinión, esta é unha película que todo o mundo debería ver polo menos unha vez na vida. Vemos a sociedade que seguimos tendo, convertidos en persoas materialistas que miran por riba do ombro aos que teñen menos. Somos seres egoístas, e estamos tan cegados pola sociedade que esquecemos o realmente importante: os valores e o sentido da propia vida. Centrámonos en estudar, traballar, ter unha boa casa e ser mellores que os demais. Esquecemos que o noso tempo neste mundo é breve e non vivimos a vida como deberiamos, non nos centramos en buscar o noso propio sentido e felicidade, deixámonos levar para ser como o sistema quere que sexamos.
Penso que todos somos Christopher Mc Candless, e por iso esta película é unha obra mestra: profunda, moralista e, sobre todo, real.
Jéssica Lesta González, 1º Bacharelato Adultos.