UN LIBRO CADA SEMANA
SEMANA DO 29 AO 2 DE DECEMBRO DO 2014
Hoxe aconséllovos que leades os relatos de
Mario Benedetti. A edición de Alianza que teño na man é especialmente
recomendable: “Cuentos. Edición ampliada y actualizada”, 2004. A selección de
contos faina o propio autor. A receita destas pequenas obras mestras non é
teoricamente difícil de enunciar: un bo tema ou subtema, unha sutil ironía
nunca exenta de tenrura e unha linguaxe clara, moi pouco barroca.
Évos un libro redondiño: eu paseillo aos meus
e tamén a unha amiga e ningún dos catro se sentiu decepcionado. Moi ao
contrario. Son deses libros de mesiña de luz que se van relendo con ollos
amorosos. Toca os temas de sempre: o amor pola cidade, Montevideo –onde vemos
que camiñan homes con apelido galego, Varela por exemplo, por rúas non menos
galeguistas, Pereyro, entre outras-, a amizade, o deporte nacional, a parella, os defectos da pequena burguesía, e a política. As feridas imposibles de cicatrizar que deixou a ditadura en
moitos seres humanos sonnos presentadas con delicadeza certeira. Somos
conscientes do horror, sorprendémonos unha vez máis de nós.
E hai moita metalinguaxe. Neste sentido hai un
pequeno conto, unha xoia de fino humor lingüístico, engarzado arredor da
fraseoloxía, que igual reutilizo eu calquera día nunha clase de lingua, é “El
puercoespín mimoso”. Cópiovos un parágrafo. Xa remataredes vós a súa lectura.
(Mª Rosario Soto Arias, membro do equipo da Biblioteca do IES 'Eusebio da Guarda')
-Esta
mañana –dijo el profesor- haremos un ejercicio de zoomiótica. Ustedes ya
conocen que en el lenguaje popular hay muchos dichos, frases hechas, lugares
comunes, etcétera, que incluyen nombres de animales. Verbigracia: vista de
lince, talle de avispa, y tantos otros. Bien, yo voy ahora a decirles datos,
referencias, conductas humanas, y ustedes deberán encontrar la metáfora
zoológica correspondiente. ¿Entendido?
-Sí,
profesor.
-Veamos
entonces. Señorita Silva. A un político, tan acaudalado como populista, se le
quiebra la voz cuando se refiere a los pobres de la tierra.
-Lágrimas
de cocodrilo.
-Exacto.
Señor Rodríguez. ¿Qué siente cuando ve en la televisión ciertas matanzas de
estudiantes?
-Se me
pone la piel de gallina.
-Bien,
señor Méndez. El nuevo ministro de Economía examina la situación del país y se
alarma ante la faena que le espera.
-Que no
es moco de pavo.