mércores, 30 de novembro de 2016
30 de novembro, o día máis cuántico do ano
A física cuántica necesita da túa axuda. Hoxe é o gran día, o día do experimento chamado "The Big Bell Test". Centos de sitios web, coma o MUNCYT de A Coruña, fanse eco e poñen aos seus visitantes a participar cun xogo no experimento. Queres colaborar coa Ciencia? Ben doado vai ser. Fai clic aquí e deixate levar.... Só terás que meter varias cadeas de ceros e uns ao chou, tan ao chou como podas...
domingo, 27 de novembro de 2016
sábado, 26 de novembro de 2016
Visitamos....Galicia Cen
O día 16 de novembro acudimos á exposición "Galicia Cen", en Afundación. Trátase dunha mostra de 100 obxectos representativos de Galicia; obxectos en xeral bastante curiosos, desde uns coitelos de pedra afiada de hai, segundo nos dixeron, 400000 anos (pareceunos moitísimo tempo...) a outros de hoxe. Nalgúns casos trátase de obxectos únicos e orixinais, o que lle dá un valor especial á exposición, que estaba dividida en bloques temáticos para dar unha visión máis completa e global da nosa historia.
Entre o que máis nos chamou a atención está a bandeira de Galicia que cubriu o féretro de Castelao (dixéronnos que era a terceira vez que se mostraba en público), algúns manuscritos medievais (entre eles, unha reprodución do famoso Códice Calixtino) e ficamos unanimemente impresionados pola historia do futbolín...da que non vos contamos nada para non estragarvos a sorpresa cando vaiades...só imos dicir que se trata dunha historia emocionante, aínda que bastante triste.
Resultounos unha visita moi interesante, ademais de polo seu contido, grazas á guía, Ruth, quen nos explicou moi ben, de xeito moi didáctico, facéndonos participar, e sempre cun sorriso...
En definitiva, valeu a pena.
3º ESO V.
mércores, 9 de novembro de 2016
Proxecto da biblioteca 2016-2017: "Os ríos, fonte de inspiración, fonte de vida"
Con motivo do
proxecto da nosa Biblioteca para o curso 2016-17, os profesores organizamos una
saída cultural ao Courel.
-Percorrido polo Courel (Concellos de
Pedrafita do Cebreiro, Folgoso do Courel, Quiroga e Samos): O Cebreiro, Liñares
do Rei, Veiga de Forcas, Pacios, Seoane, Esperante, Carbedo, Visuña,
Ferramulín, Vieiros, A Seara, Parada, Moreda, Meiraos, Paderne, Praducelo,
Ponte Loúzara, Airapadrón, Samos…
-Paisaxe:
Xeoloxía: Plegamento de
Campodola-Leixazós (300-350 millóns de anos.
Clima: (Confluencia e rasgos dos
climas: Mediterráneo, Atlántico e Continental)
Ríos: Lor, Pequeno, Visuña, Selmo, Loúzara,
Oribio…
Devesas: A Rogueira, A de Paderne (castiñeiros,
setas, landras, prados)
Fervenza: Vieiros, o Fócaro
Explotacións mineiras: A Toca e
Túnel de Romeor (ouro, mundo romano), Ferramulín, Ferrería Nova, Ferreiros
deArriba e da Abaixo, As Cruces (ferro, vínculo coa “Rodieira” ou Camiño da
Vea, ref. Busmayor-Barjas).
-Cultura:
Música: Orquestras “Eiriz” e “os
Paderne”. Músicos da igrexa de Meiraos.
Historia: Códice Calixtino,
Camiño Francés, Alfonso IX. Cambio da capitalidade de Seoane por Folgoso
(1940).
Literatura: Uxío Novoneira (“Os Eidos”)
Se queres ler máis da viaxe e ver máis fotos da excursión, fai clic aquí.
martes, 1 de novembro de 2016
Un libro cada semana...ou cada mes... "El conde Lucanor", de Don Juan Manuel
Acabamos de ler unha escolma de contos de El conde Lucanor. Todos eles teñen a mesma estrutura: o xoven Conde Lucanor ten un problema e pide consello a Patronio; este cóntalle unha historia relacionada coa súa consulta e finalmente hai unha moralexa en verso.
O libro é interesante porque, aínda que escrito hai moitos séculos, as cousas que preocupan a Lucanor poden ocorrernos a nós hoxe; a estratexia de Patronio de contar unha historia ao conde é axeitada para que lle resulte máis divertido e saiba mellor cómo ten que actuar...Aínda que pode resultar un pouco repetititvo e a linguaxe é ás veces difícil, en xeral é entretido e podes obter ensinanzas.
3º ESO V.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)