xoves, 17 de decembro de 2015

Boletín Nadal 2015

https://drive.google.com/open?id=0B3mkIjPM-Sr3dXRWc0cxNHBDT0E
 Fai clic para ampliar as imaxes... atopa a túa lectura para este Nadal!

(Boletín preparado por Antonio Fondo e o grupo de traballo do Faro de Sofía)

mércores, 2 de decembro de 2015

Un libro cada semana...ou cada mes... Fernanda de Castro




Fernanda de Castro, Ao fim da memória(1906-1939).

    Acabo de ler, levaba tempo adiándoo e por fin o fixen, a primeira parte das memorias da escritora e filántropa portuguesa Fernanda de Castro. Neste primeiro tomo, máis de trescentas páxinas que se len sen sentir, a autora, sen seguir una estrita linearidade, mesturando diferentes momentos da súa biografía, comparte cos lectores os momentos transcendentais da súa intensa existencia (algúns dramáticos, como o a morte da súa nai tendo ela doce anos, outros fermosos,  coma os nacementos dos seus fillos...) pero tamén anécdotas e vivencias envexables (como as súas relacións con personalidades como Társila do Amaral, Pirandello, Mircea Eliade, Unamuno e tantos outros). Regálanos tamén reflexións poéticas sobre cousas fermosas da existencia.
    Aínda queda o segundo tomo, outras trescentas páxinas, pero xa teño diante miña perfectamente trazada, a imaxe dunha muller de forte carácter, valente, apaixonada, que viviu  una longa vida superando os momentos duros e desfrutando intensamente dos bos...e todos eles compartidos cos lectores, narrados cun estilo moi expresivo, grave cando é necesario, poético, humorístico tamén...fermoso e sinxelo, o cal é un estímulo para quen queira iniciarse na lectura en portugués. Ou para calquera amante da boa literatura.

                                                                                              Susana Piensos.

martes, 1 de decembro de 2015

CONCURSO GAÑAPUNTOS



CONCURSO GAÑAPUNTOS



PREGUNTA Nº 8. 

PREGUNTA DOBRE:

1ª. Cal é o tema común a estas tres boas películas: Philadelphia (1993, valoración en FilmAffinity: 7’4), Yesterday (2004, valoración en F.:  7’2) e Dallas Buyers Club (2013, valoración en F.: 7’5)? (1 punto).

2ª. Que se celebra hoxe, 1 de decembro, a nivel mundial? (1 punto).

luns, 30 de novembro de 2015

CONMEMORACIÓNS

NOVEMBRO: MES DA CIENCIA EN GALEGO

CIENTÍFICOS GALEGOS QUE PASARON POLO "INSTITUTO DA GUARDA"


 (A foto, feita por Charo Soto, é doutra foto -feita por X. Martínez Castro-, sobre un cadro pintado por Manuel Abelenda na que se ve ao doutor Hervada. O cadro pertence á colección do señor Rafael Hervada; a foto figura nun libro -"Artistas galegos. Pintores" no que se pode ler un artigo sobre o pintor Abelenda escrito por Adolfo de Abel Vilela)
 


Pechamos o mes dedicado á Ciencia en galego dedicándolle unha mínima homenaxe a un célebre médico coruñés, Enrique Hervada García-Sampedro (A Coruña, 1883-1853). Hervada estudara no ‘Instituto da Guarda’ o bacharelato. O seu traballo investigador sobre unha das enfermidades que causaban naquela época máis mortes en Galicia (e fóra dela tamén), a tuberculose, fixo que fose apreciado e recoñecido. Imos transcribir aquí o comentario crítico que lle dedica no ano 1923 un colega na mesmísima revista Alfar, unha revista literaria das vangardas poéticas, unha revista senlleira, como moitos de vós xa saberedes.

El Dr. Hervada y el problema de la tuberculosis.
Sentida desde hace muchísimo tiempo la necesidad de emprender de una manera rotunda, eficaz, la lucha contra la tuberculosis, aunando los –por desgracia- menguados esfuerzos que a este respecto se han hecho, nuevamente un notabilísimo libro del Dr. Hervada, tisiólogo eminente de nuestro Sanatorio Marítimo, pone la cuestión sobre el tapete por lo que a Galicia especialmente se refiere.
                Estudiando el magno asunto de un modo científico, con gran acopio de datos, con numerosas estadísticas, con variadas opiniones de los médicos que en nuestra región ejercen, detallando características de nuestro clima, poniendo de manifiesto las causas originarias y coadyuvantes del aterrador estrago que entre nosotros haca la peste blanca (contagio, herencia, emigración, etc.), el Dr. Hervada ha puesto un valiosísimo jalón en la lucha emprendida.
                Precisa que este libro “La Lucha Antituberculosa en Galicia” sea estudiado por todos, altos y bajos, críticos y profanos, para que, dándose cuenta del enorme número de vidas perdidas, intentemos todos poner remedio a una tan cruel plaga; los que no pueden hacer otra cosa, reclamando medios, y los qu por su situación económica o por su preeminente puesto en la sociedad o en el Gobierno, aportando las tres cosas que, como para la guerra, se necesitan para obtener la victoria contra esta dolencia: Dinero, dinero y dinero. Todo lo demás, científicamente, nos lo da hecho el Dr. Hervada, el que solo por esto, es acreedor a un profundo agradecimiento.
                                                               Dr. López Iglesias.
(Revista Alfar, p. 257-8, nº 37, febreiro do 1924).

(Información elaborada por Mª Rosario Soto Arias, membro do equipo da Biblioteca do IES 'Eusebio da Guarda')

martes, 24 de novembro de 2015

CONMEMORACIÓNS




ANÁLISE COMPARATIVA ENTRE Afra e Las medias rojas, de Emilia Pardo Bazán.

SEMELLANZAS
DIFERENZAS
Os dous relatos teñen protagonista feminino, e ambas as dúas son mulleres novas
A primeira diferenza importante é a educación: Afra recibe unha boa educación, mentres que Aldara non recibe ningunha
Os dous transcorren nunha mesma época
Aldara sofre a violencia física do pai, hai machismo porque se fose un home o pai non lle daba esa malleira, non se atrevía sequera;  Afra fai que a súa amiga se esforce ata morrer, aquí hai outro tipo de violencia, non machista
Os dous comparten o mesmo espazo, Galicia
A Galicia de Afra é a Galicia urbana, e é case outro mundo; nada que ver coa aldea na que traballa Aldara moitas hora ao día
Dalgunha forma as dúas teñen un desexo ou unha forte ilusión
Os desexos son distintos: Afra desexa o noivo da amiga; Aldara desexa ir a América, ter outra vida mellor
Nos dous relatos aparece a figura do pai
Os pais son moi distintos, o de Afra mandouna a formarse a Inglaterra, onde aprendeu a importancia do deporte; o pai de Aldara trata a filla coma se fose un animal
As dúas mulleres teñen  moita forza
A forza de Afra válelle para ser boa deportista; a forza de Aldara vale para traballar duro na terra.

Emilia Pardo Bazán é unha das primeiras mulleres galegas en tratar o tema das desigualdades de xénero. Foi unha feminista consciente dos dereitos das mulleres.

Autores da análise comparativa: Javier, Sergio, Pablo, Lucía, Carmen, Paula, Óscar, Mario, Joel, Andrés, Joaquín e Javier E. (membros do Club de Lectura dos martes, de 4º da ESO e 1º Bach.).

venres, 20 de novembro de 2015

CONCURSO GAÑAPUNTOS

CONCURSO GAÑAPUNTOS

6ª PREGUNTA



Cal é o Instituto de Segunda Ensinanza máis antigo de Galicia? (2 puntos)

domingo, 15 de novembro de 2015

CRÓNICAS VIAXEIRAS: Viaxe ao Bierzo Occidental

 24 de Outubro, día das Bibliotecas. Viaxe ao Bierzo Occidental



            Dende hai tempo o profesorado deste instituto vén debatendo sobre o xeito de concebir a Biblioteca como un espazo de encontro:
-A) Un espacio físico tipo “almacén”, onde se apilan tochos e tochos do saber científico; ou
-B) Un espazo virtual que traspase os recios muros de canteiría que acubillan milleiros de cabezas pensantes ano tras ano na Praza de Pontevedra.
Enunciado o dilema sobrevoamos os lindes do saber, compartimos experiencias a pé de campo, lemos de xeito interlineal na natureza e relemos os ecos das explicacións docentes muros adentro.
A paisaxe é o vínculo, quen de abrir “incunables”, “fascímiles” . Proxecta o amplo abano da ciencia: filosofía, xeografía, bioloxía, matemática,… cunha sinfonía de cores, currículo de cada estación, paleta de notas musicais en versión sonora orixinal.
En cada un de nós abrollan sentimentos, versos acarantoñados pola Nai natureza. O aire é o alento, a vexetación un cuadro puntillista, a gratitude e a nostalxia morriñenta son o cume da expresión romántica.
Cada vía pecuaria, cada regueiro vai marcando en nós “notas a pé de páxina”, escollas bibliográficas lidas e relidas . O clímax amósase a modo de fervenza, esplendor  nascente das entrañas da morteira, remexe nos miolos e acende en nós a chama da descoberta, da ilusión polo intelecto, engalanado das experiencias e dos avatares da vida.

 


Desbrozamos sobre o terreo unha ruta por catro concellos do Bierzo occidental: Barjas, Trabadelo, Veiga de Valcarce e Balboa. As fronteiras son artificiais, son políticas, non son nin históricas, nin culturais. Situámonos no Camiño “Francés” a Santiago (a uns 170 km da Tumba Apostólica).
Trabadelo garda en si un interesante epígrafe da Historia Compostelana (Dona Urraca, Diego Xelmírez, Afonso VI e VII). Tamén se fai eco da Romanización, aqueixados pola “febre do ouro” nas médulas dos Cáscaros  (Pradela).
A febril actividade muda cos tempos, sacrificado oficio de Ferreiro nos vales a medio camino entre o Bierzo e Galicia, entre os Ancares e o Courel (Herrerías de Valcarce, Herrería de Serviz, Ferrerías de Pedrafita), retroaliméntase de carbón vexetal, urces e faias, que circulan pola “Vena” cara os barquíns  xunto co ferro.
A conxuntura internacional tórnase nun contexto bélico durante boa parte do s. XX. Así o vocábulo febre pasará de escribirse con “o” de ouro, a escribirse con “f” de ferro, antes de tornarse en “w” de wolframio.
O terreo non só desauga os metais necesarios para cada etapa da historia, tamén nos provén de bos produtos alimentarios: castañas, mazáns “reinetas”, cogomelos…, carne de pastoreo lanar e vacún, caza maior e menor, relocentes troitas…
Castañeiros, Capudres (cornabudes ou escornacabras), Abelairas, Faias, Ameneiros, Salgueiros, Piornos, “Peidos de lobo”, Regatos, Valiñas, Frevencias, Prados, Cumes e Tesos son musas variopintas. Domingo González, ebanist, dálle traza e fin as súas ideas nos castañeiros. As Pallozas de Balboa e Canteixeira, a Casa das Gentes recrean en nós o seu mundo platónico, a conversa e o diálogo coa natureza. Lorena Gutiérrez, guía da Casa das Gentes, amosa a súa gratitude na persoa do seu ex profe de Filosofía, José Luis Suárez Cotelo.
No plano espiritual visitamos o templo parroquial de santa Mariña en Barjas, crisol dos diferentes estilos artísticos ao longo da historia. Fixámonos nas lápidas do devanceiro “prado do repouso” , e lemos: García, Montaña, Castro, Sobredo, Barreiro, Fariñas…, decatámonos da nosa ampla parentela.
No eido gastronómico, “deixate de lerias e dáme de comer que teño fame”, pintamos de “verde esperanza” o mesón “La Última Escuela” de Barjas. Lareira acesa quecida polos rescaldos daqueles que alí aprenderon o silabario da vida, memoria do río, mensaxeiro fresco e espelido do Faxeiral de Busmaior. Ana acubíllanos cun almorzo nos prolegómenos do espectáculo. Dez veciños danlle vida ao lugar, nin un máis nin un menos, despertan en nós a simpatía e a curiosidade. En Busmaior algún fainos observacións metereolóxicas (“Pemán, tes que deixarte caer por aquí”).
Se ao pé do Courel almorzamos, xantaremos nas faldras dos Ancares. Cambiamos de tomo, pero non de enciclopedia. Movémonos pola espesura de  soutos e carballeiras, por avesedos e solleiros na procura do Valcarce. Deixamos Campo de Liebre a un lado, Moldes, logo Villasinde a outra man. Voltas e reviravoltas, curvas e contracurvas, apagados ou fóra de cobertura. Vinte e un paxaseiros nas mans do noso Suso, comandante en xefe nesa corredoira que pon diante nosa mil e un puntos de vista, mil e un fitos, mil e un cumpridos.
Alcanzamos a Veiga, desandamos o Camiño ata a Ambasmestas. Remontamos o “Val Bo”, soutos que asumen a mecanización como algo normal, síntoma do progreso (aparellos mecanizados para a recolección das castañas). Agárdanos a Palloza, animado ser digno da pluma de Wenceslao Fernández Flórez, tomamos acomodo ao lado das xanelas. O corazón da palloza irradia a calor dunha estufa de leña e o eco de conversas e confidencias afumadas. Presenciamos un auténtico desfile culinario da man de Miguel e o seu equipo: carnes en fontes, queixos en lousas, botillo con arroz, chacina, lombo, chourizo con chispa…, e una tarta de queixo…
A medida que pasa a sobremesa o bucolismo fai acto de presencia. Co propósito de non caer na invernía, no letargo, resolvemos gatear no bus preto do Castelo de Balboa ata Canteixeira. Soberbias panorámicas, mestizaxe do home coa natureza amenizado polo trilo da auga, e o acompañamento de vacas do país e de “Plateros lugareños”.
Vén caendo a noite por Vilafranca, por Paradaseca e Pradela; xa por Canteixeira e Balboa, acéndense as primeiras luces na noite. Báixase o telón ata o seguinte orto, máis ou menos a mesma hora, a natureza non entende de modernidades nin de “cambios de hora”.



Os libros seguen abertos en nós, mentras soneamos percorremos as intrincadas páxinas da nosa existencia. Agardámosvos na Biblioteca da vida.



Antonio Fondo, con fotos de Pedro R. Porca


xoves, 12 de novembro de 2015



CONCURSO GAÑAPUNTOS

5ª PREGUNTA



Seguimos ás voltas con este edificio, que está de aniversario.

PREGUNTA: Quen pintou o teito do noso Salón de Actos? (1 punto)