domingo, 26 de xuño de 2022
Un libro cada semana...ou cada mes..."Corazón que ri, corazón que chora"
mércores, 1 de xuño de 2022
luns, 30 de maio de 2022
domingo, 29 de maio de 2022
Un filme cada semana...ou cada mes..."Greenland"
Trata dunha familia que emprende unha viaxe perigosa cando un cometa se achega á Terra. Cando se achega a apocalipse, a viaxe culmina nun voo desesperado cara a un posible refuxio...
É unha película de desastres, cunha boa historia; está ben rodada, con bos efectos especiais. O actor que fai o papel protagonista é bo. A película non nos deixa aburrir até o final.
Carlos Lemus Holguín.
luns, 16 de maio de 2022
xoves, 12 de maio de 2022
sábado, 30 de abril de 2022
Un libro cada semana...ou cada mes..."El juego del alma"
New York, 2011.
Unha moza de quince anos aparece crucificada nun suburbio ás aforas. Miren
Triggs, periodista de investigación do Manhattan Press, recibe de maneira
inesperada un estraño sobre. No seu interior, a polaroid doutra adolescente
amordazada e maniatada, cunha soa anotación: GINNA PEBBLES, 2002.
Miren Triggs e
Jim Schmoer, o seu antigo profesor de xornalismo, seguirán a pista da rapaza da
imaxe mentres investigan a crucifixión de New York. Así, adentraranse nunha institución relixiosa con estraños
rituais e submerxeranse nun escuro segredo que, de descubrirse, pode cambialo
todo.
O autor, ao meu
parecer, nunha das súas mellores novelas, coloca sobre a mesa as pezas dun
thriller inquietante e introduce ao lector nun xogo perigoso no que se aposta o máis prezado. Quen se atreve a xogar coa alma?
sábado, 23 de abril de 2022
domingo, 27 de marzo de 2022
Un filme clásico, baseado nunha novela, cada semana, ou cada mes..."Sendeiros de Gloria".
Vexo de novo, oportunamente emitido, por desgraza, na televisión, "Sendeiros de Gloria", filme "bélico" que vin cando se estreou, en 1986, recén levantada a prohibición de proxectalo (parece que a película resultou incómoda en varios países europeos, entre eles o noso), e que, pese a que as películas "de guerra" non me gustan, me conmoveu no seu día e volve facelo hoxe.
O filme, que reflicte, parece, feitos reais, mostra non só o drama da guerra, neste caso para os que a fan por obrigación, os soldados, senón tamén a miseria moral dos que pretenden trazar eses sendeiros de gloria aos que ironicamente se refire o título, por motivos case nunca éticos, levando por diante vidas humanas que nada lles importan; algún deles, por unha xustiza poética que poucas veces se dá na realidade, acaba pagando un prezo polo seu proceder.
A película é breve, directa; contén escenas moi duras (a do fusilamento, por exemplo, non pode verse sen sentir arrepíos), pero o máis duro, na miña opinión, é o retrato dos mandos militares, que representan o peor da condición humana: a guerra é, para eles, unha partida que hai que gañar, ao custo que sexa (excepción, o Coronel Dax, personaxe íntegro, a única luz en medio do horror). Terrible.
S.P.
domingo, 20 de marzo de 2022
domingo, 13 de marzo de 2022
Unha serie cada semana...ou cada mes..."La esclava blanca"
Trátase duns escravos que tiña unha familia, e entre eles estaba unha nena branca. Co tempo, casa cun branco e ten que aturar as azoutas e malos tratos que daban aos escravos. Ela desexaba contar a verdade e vingarse dos que mataran aos seus verdadeiros pais, sabendo que ela era a herdeira de terras e moitas cousas máis....
Paréceme mal ser escravizados e azoutados, porque son persoas, negras ou brancas, dá igual, todos temos que ter os mesmos dereitos e liberdades.
Os actores están moi ben, especialmente os que interpretan aos escravos; o vestiario (traxes, peiteados...), as casas, todo perfecto, moi ben ambientado e interpretado.
Camila Arteaga.
sábado, 12 de marzo de 2022
xoves, 3 de marzo de 2022
domingo, 27 de febreiro de 2022
Un libro cada semana...ou cada mes..."Los trucos de la bestia"
Este thriller
trata sobre un fotógrafo chamado Mikel que traballa no Diario Vasco. Unha tarde, ao saír de traballar, camiña baixo a chuvia cando se cruza cun coche que sae dun
parking próximo... entón Mikel fíxase que no volante vai un veciño da infancia,
Iván Katz, un próspero artista moi coñecido en San Sebastián e o conductor
crava a ollada durante uns segundos que cambiará a vida do fotógrafo. Non só ve
a Ivan no coche, senón que na parte traseira vai un mozo de familia ben que
desaparecera había pouco. Tamén hai algo máis no coche, que Mikel non é capaz de
recordar e que o lanzará de cheo a unha investigación impactante e obsesiva e
onde afondará na cara máis escura dun vecindario tranquilo.
Neste debut da
autora donostiarra dáste conta realmente de como un xénero literario como a novela
negra é capaz de atrapar ao lector.
Pablo Miñambres López Perea.
domingo, 13 de febreiro de 2022
Unha serie cada semana...ou cada mes..."30 monedas"
É unha serie
española de misterio e terror ambientada en Pedraza, unha vila cerca de Segovia, onde a traxedia se centra no Padre Vergara, un exorcista, boxeador e ex
presidiario que é trasladado a esta vila remota.
A vida de
Vergara é normal ata que se lle relaciona cuns estraños fenómenos paranormais que ocorren en Pedraza. O sincero Paco, que é o alcalde da vila, e a
veterinaria, chamada Elena, intentarán sacar á luz os segredos do pasado do
Padre, así como saber o significado dunha moeda vella que Vergara esconde.
Pronto, estes tres introdúcense nunha conspiración global, que chega ata ao Vaticano, polo control das trinta moedas. Estas reliquias malditas, cun gran poder, foran as causantes da traizón do Apóstolo Xudas a Xesús de Nazaret.
Unha serie que, se che gusta moito o misterio mesturado cun pouco de terror, é obrigatorio ver.
Pablo Miñambres López-Perea.