Maryse Condé, escritora francesa nacida en Guadeloupe, Premio Nobel Alternativo en 2018, lembra, cunha sinceridade por veces sorprendente pola súa dureza cara a si mesma e á súa familia, a súa infancia de nena de clase acomodada, que non entende moitas cousas da sociedade colonial na que vive. Racismo, autoodio, clasismo, hipocresía social...observados por unha rapaza que vai describindo unha realidade, a súa e a da súa terra, difícil e moi complexa. É moi expresiva a pintura que fai da Guadeloupe da súa infancia, feita cunha linguaxe clara e directa, amosando os sentimentos de xeito sutil e profundo, con grande penetración psicolóxica, e espìndo sen pudor a súa alma e a da sociedade "créole" que, por debaixo da súa riqueza cultural, agocha unha grande dificultade de "convivencia".
S.P.