(Fotos: Mario S. García)
xoves, 29 de outubro de 2015
mércores, 28 de outubro de 2015
Un filme, baseado nunha novela gráfica, cada semana, ou cada mes... "Persépolis"
Esta película está baseada na novela gráfica do mesmo título. As dúas baséanse na vida da autora, Marjane Satrapi desde que, nena en Irán, sofre a revolución que acaba coa súa felicidade, obrigando ás mulleres a poñer veo na cabeza e a non usar roupa axustada; estaba, ademais, prohibido fumar, oír música e beber. Na película cóntase tamén a súa marcha a Austria, xa adolescnte, etapa tamén moi desgraciada. Despois, a volta a Irán, porque estrañaba a súa familia e, finalmente, polos seus desexos de ser libre, a volta a Europa, xa definitiva.
A película resultoume moi instrutiva, porque non sabía que os iranís vivían coma nós antes da revolución islamista; ademais, transmite valores, para min, o principal, que as persoas deberían ser libres para facer o que queiran e dicir o que pensan.
Os personaxes principais están ben descritos: Marjane é unha rapaza valente e amante da liberdade, igual que o seu tío, un loitador; a avoa, divertida pero firme nas súas ideas; os pais, dominados polo medo...
Tecnicamente a película, que é banda deseñada, é moi boa, gustoume especialmente a simboloxía do blanco e negro, nos flash- back, en oposición á cor, no presente desde o que Marjane lembra a súa vida...en definitiva, a película gustoume moito, porque mostra a realidade dunha muller que tivo que sufrir a guerra no seu propio país.
Ainara Santiago, 4º ESO.
luns, 26 de outubro de 2015
CONCURSO GAÑAPUNTOS
CONCURSO
GAÑAPUNTOS
PREGUNTA Nº 3.
Durante
moitos anos, ata a década dos 80 do século XX, na primeira planta do noso
edificio estivo funcionando outro centro, outra escola, distinta do Instituto.
Sabes que escola era? (1 punto).
:::::::::::::::::::::::::
A resposta é: "Escola de Artes e Oficios". A primeira en responder, e gañadora desta semana, xa que logo, é Mencía Fernández Rivera, de 1º ESO D. Parabéns a Mencía que xunta xa 5 puntos.
:::::::::::::::::::::::::
A resposta é: "Escola de Artes e Oficios". A primeira en responder, e gañadora desta semana, xa que logo, é Mencía Fernández Rivera, de 1º ESO D. Parabéns a Mencía que xunta xa 5 puntos.
martes, 20 de outubro de 2015
CONCURSO GAÑAPUNTOS
CONCURSO GAÑAPUNTOS 2015-6
125 ANIVERSARIO DO INSTITUTO ‘EUSEBIO
DA GUARDA’.
PREGUNTA Nº 2:
O
primeiro Director do Instituto fora o señor Xosé Pérez Ballesteros, membro da
Real Academia Galega. A pregunta é: Pérez Ballesteros é o autor-recolector
dunha importante obra, publicada en varios tomos. A que obra nos referimos? (2
puntos).
::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::
A resposta correcta é: Cancionero Popular Gallego (3 tomos).
Os puntos son desta vez para Mencía Fernández Rivera, de 1º da ESO D.
Parabéns!
luns, 19 de outubro de 2015
125 Aniversario do Eusebio da Guarda
Con esta foto do cartel que á entrada do edificio nos informa da noticia, iniciamos unha andaina de publicacións coma agasallo a todos os que "viviron o Eusebio" durante un ou máis anos das súas vidas.
Ogallá vos guste!
domingo, 4 de outubro de 2015
CONCURSO GAÑAPUNTOS
CONCURSO GAÑAPUNTOS. CURSO 2015-2016.
Este curso é especial. Celebramos o noso 125
aniversario. Como Instituto ‘Eusebio da Guarda’. Durante o primeiro trimestre,
as preguntas versarán sobre ese tema. Nós. A comunidade histórica do coruñés ‘Eusebio
da Guarda’.
1ª PREGUNTA:
Cal era o segundo apelido de D. Eusebio da
Guarda? (2 puntos)
:::::::::::::::::::::::::::::
A resposta é: González. A gañadora é Mencía Fernández Rivera, de 1º ESO D.
:::::::::::::::::::::::::::::
A resposta é: González. A gañadora é Mencía Fernández Rivera, de 1º ESO D.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)