O
día que decretaron o estado de alarma, ao principio non pensaba que fose nada
grave , non sei por que , quizais porque foi algo que nunca se vira .Nos primeiros
dias sentíame como se fosen unhas vacacións nas que non se podía saír, nas que
me preocupaba como pasar os días e que duraría unhas semanas sen poder sair ata volver ás clases. Pero a día de hoxe,
tras seis semanas de confinamento e despois de todo o que pasou e pasa , xa non
sei moi ben que pensar, entristéceme todas as persoas que xa non están e os
que están a pagar as consecuencias do virus .Pero grazas á actitude de todos ,
quitando, como sempre, os que fan o que queren , dentro de moi puco comezaremos
o desconfinamento pouco a pouco, e isto faime optimista e pensar que mereceu a pena o
esforzo de todos e todas.
Maite Aldecoa, 1º Bacharelato Adultos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario