domingo, 16 de maio de 2021

Un filme, baseado nun libro, cada semana...ou cada mes..."A lingua das bolboretas"


 

"A Lingua das Bolboretas" é unha película ambientada en 1936, no contexto da Segunda República e o golpe de estado realizado por parte dos sublevados, que derivou na implantación da ditadura. A historia céntrase na amizade dun profesor progresista que actúa coma mentor, Don Gregorio, e Moncho, o seu alumno, que é fillo de simpatizantes republicanos e presenta  dificultades sociais.

A ambientación da película é bastante correcta, dado que reflicte de forma completa a situación vivida nesa época e o sentir da poboación, sobre todo na transmisión  da evolución da vida por parte dos republicanos. Os actores interpretan un difícil papel de maneira extraordinaria, con destacables recursos actorais e un sobresaínte Fernando Fernán Gómez. O vestiario representa o mesmo estilo que usaba a poboación na década dos 30, e a fotografía é o punto máis débil, pero acorde aos recursos que posuían en 1999.

                             Alexia Miranda Coelho, 1º Bacharelato Adultos.

                                                             


domingo, 9 de maio de 2021

Un libro cada semana...ou cada mes..."Trilogía Reina Roja"


 

Antonia Scott é especial. Demasiado especial. Non é policía nin criminalista. Nunca empuñou unha arma nin levou unha placa, e, sen embargo, resolveu decenas de crimes.

Pero hai un tempo que Antonia non sae do seu ático de Lavapiés, un barrio madrileño. As cousas que perdeu  impórtanlle moito máis que as que a esperan fóra.

Tampouco recibe visitas. Por iso non lle gusta nada de nada cando escoita uns pasos descoñecidos subindo polas escaleiras ata o último piso.

Sexa quen sexa, Antonia está segura de que vén  buscala, e iso gústalle  aínda  menos....

Un thriller que cativou a máis dun millón de lectores.

                                              


É o segundo libro da triloxía de "Reina Roja".

Nesta continuación,  Antonia intenta seguir viva e non ten medo a nada, só a si mesma. Nunca foi unha persoa que impuxesese ás outras,  e nunca foi moi perigosa, pero hai alguén máis perigoso ca  ela. Alguén podería vencela. Nesta novela vai ter moi difícil escapar dos inimigos,  xa que a loba negra está cada vez máis cerca. E Antonia, por primeira vez na súa vida, ten medo.

Esta novela fai que o lector se enganche máis á trama que iniciou o autor con "Reina Roja" é tamén fai que cada vez  guste  máis Antonia Scott.

                                                           

ESPERO QUE NON TE ESQUECESES  DE MIN ¿XOGAMOS?

Cando Antonia Scott recibe esta mensaxe, sabe moi ben quen   llo envía. Tamén sabe que ese xogo é case imposible de gañar. Pero a Antonia non lle gusta perder.

Despois de todo este tempo fuxindo, a realidade acabou alcanzándoa. Antonia é cinturón negro en mentirse a si mesma, pero agora ten claro que,  se perde esta batalla, terá perdido todas.

 

-         A Raíña  é a figura máis poderosa do taboleiro- di o Rei Branco-. Pero por poderosa que sexa unha peza de xadrez, nunca debe esquecer que hai unha man que a move.

-         Iso xa o veremos- di Antonia.

 

O FINAL SÓ É O PRINCIPIO.

 

Terceira e última novela da Trilogía  de la  Reina Roja. Para min,  a mellor novela das tres,  xa que a trama me trasladou  onde transcorría  e a  a tensión dura ata o final... Pensades que é o final? Eu espero que non.

                                         Pablo Miñambres López Perea, 2º Bacharelato Adultos.


domingo, 2 de maio de 2021

Un manga cada semana...ou cada mes..."Chi no Wadachi"


Seiichi Osabe, un estudante de Primaria tímido, inseguro e con poucos amigos, só pode sentirse seguro coa súa nai, que é moi sobreprotectora. A nai de Seiichi, Seiko, sente que co tempo o seu fillo se afasta cada vez máis dela e comeza a actuar con maior agresividade cara aos amigos e familiares que se relacionan con el, até o punto de ameazar e comprometer a seguridade deles.

 Shüzö Odimi plasma con moita precisión o prexudicial que pode chegar a ser unha mala relación dun fillo/a co seu pai ou a súa nai...Abarcando desde un cariño e amor intensos até chegar a ataque psicóticos,   non só estragando os vínculos coa persoa que amas, senón tamén feríndoa.

O guión deste manga envólvete cunha grande cantidade de drama, suspense e psicoloxía, creando unha inmensa sensación de alivio e positividade nos mmentos máis alegres da historia. O guión non é o único destacable neste manga, xa que Shüzö posúe unha gran técnica á hora de debuxar, e grazas ao seu talento podes notar con total nitidez os sentimentos que expresan os personaxes, á vez que desfrutar de preciosas paisaxes ao longo da historia.

                                           Ismael Khairoun Mokhtari, ESA 4, Adultos.