Nestes últimos días, non cumprín a idea de formar parte desa cantidade de xente que utilizou o confinamento para, de maneira introspectiva, buscar unha meta para razón de ser. O certo é que me situei bastante tempo nunha inopia continua, e non foi ata que me dei conta de como era a situación realmente cando comecei a mellorar hábitos e tomar máis en serio a idea de non postergar as cousas. Digamos que o COVID, ademais de estragar a miña vida, (estou hiperbolizando a situación) arranxouna. Sendo sincero, sempre tiven as miñas metas en mente e sempre tiven cousas que facer e polas que loitar, pero co tempo fun facéndome bastante máis inactivo e deixándoas de lado para un futuro próximo que nunca chegará. Procrastinación que me permitía vivir soños sen cumplilos e, en moitos casos, currar tanto que nin tiña tempo de contarlle ao papel o que me sucede.
Ao comezo do confinamento, o meu horario de sono volveuse louco , e aínda me custa volvelo á normalidade, pero o comezo da fase 0 axúdame bastante a manter a esperanza e a miña revitalización
grazas aos hábitos que se quere manter. Houbo momentos en que din o curso case por perdido, ata pensei en terminalo con nota mínima e aventurarme nuha idea que tiven hai moito tempo. Finalmente me dei conta de que isto era moi preguiceiro pola miña parte, así que, despois dun tempo pensando que facer , acabei motivándome para manter as tarefas ao día e acadar o resto do curso. A maior motivación resulta irónica, pois o motivo de maior peso é o que me recordo a diario de que teño case vinte anos e non debería perder máis tempo.
Resumindo, este confinamento foi unha viaxe de introspección bastante tardía (pero mellor tarde que nunca)para darme conta de que debería ser moito máis consecuente e disciplinado coas miñas accións. Tamén reforzou a miña idea de que hai cousas que un non pode cambiar e que hai que deixalas atrás ou esforzarse o debido e necesario.
Por outro lado, tendo xa falado de tanta información propia das miñas reflexións, toca dicir aquilo do que teño saudade, como cantar ou bailar. Amo eses momentos nos que estou só na casa ou na rúa con amigos, soltando esas "regueifas" modernas chamadas na nosa xerga, "improvisación", cunha base de hip hop de fondo (tento dicir isto cun ton cómico pero é verdadeiro), ou aquelas tardes no parque, realizando os meus treinamentos en que bailo, salto e todo iso que a min me enche. Pero sen dúbida, o que máis boto en falta é improvisar, cantar e estar só. Son una persoa que depende moito do seu entorno para estar de bo humor, e o que se ten na casa é sen dúbida difícil e iso faime sentir moitas veces melancólico e desmotivado.
I.P. 1º Bacharelato Adultos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario