Amosando publicacións coa etiqueta MESA REDONDA NA B.E.. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta MESA REDONDA NA B.E.. Amosar todas as publicacións

luns, 8 de xuño de 2015

MESA REDONDA NA B. E.

CEN ANOS DA TEORÍA DA RELATIVIDADE XERAL

MESA REDONDA NA BIBLIOTECA (II)



(O primeiro acelerador de partículas que houbo en España. Actualmente é unha das pezas de museo do MUNCYT coruñés)



Neste ano, 2015, cúmprense cen anos des que vira a luz a Teoría da Relatividade Xeral de Einstein. Con ese gallo celebrouse unha mesa redonda na biblioteca. Os rapaces do Club de Lectura rodean o profesor de física e química -e licenciado en químicas-, Miguel García, quen lles dá unha pequena charla sobre as aplicacións na nosa vida diaria da famosa teoría (un caso concreto que lles pon de exemplo é o sistema de localización GPS, ou a fabricación de aceleradores de partículas, onde se avanzou moitísimo: no MUNCYT coruñés temos xa un de museo, vello).




Estas tertulias manteñen moi alto o interese dos nosos alumnos. O profesor indicoulles libros adecuados e películas atractivas sobre o tema. O ano que vén seguiremos con estas mesas redondas na B. Escolar.


martes, 24 de febreiro de 2015

MESA REDONDA NA BIBLIOTECA



MESA REDONDA NA BIBLIOTECA 

Hoxe 24 de febreiro, día do cumpreanos de Rosalía –“naceu, si, tal día coma hoxe –dixo onte Xulio Cuba-, e non morreu nunca... “-, os membros do Club de Lectura dos martes [Os cazatesouros] inauguramos unha nova experiencia na biblioteca. Convidamos a persoas que teñen algo que dicirnos a cambio de moi cousa cousa material... 


O convidado de hoxe foi o profesor de tecnoloxía e licenciado en física (ten tamén un mestrado en astrofísica), Mario S. García. Falounos de Galileo Galilei. Logo integramos un enlace para que poidades ver as súas propias impresións do vivido. Asistiron 14 membros do club. Eu sentíame contenta polo quórum acadado. Agora a Biblioteca é un espazo máis luminoso... E os rapaces prestaban moita atención. Ao final dúas rapazas, Gadea e mais Carolina, amosaron interese por ler ao sabio humanista, e Mario díxolles como tiñan que facer para descargar a información entrando no MUNCYT coruñés.


Creo que foi unha experiencia que se pode repetir. A Mario pedirémoslle a próxima vez que nos fale dos exoplanetas. De agasallo démoslle un disco de Robert Forster. Xa nos dirá se lle gustou.
 (Mª Rosario Soto, membro do equipo da B.E. do IES P. 'Eusebio da Guarda')