CRÓNICAS VIAXEIRAS (I)
28
de Abril de 2014 (1º e 2º ESO)
Castro
de Viladonga. Mosteiro de santa María de Meira. Pedregal de Irimia e Mosteiro
do Salvador de Lourenzá
Como
si se tratara dunha viaxe no tempo, un libro a ler cos pés, así comenzou o noso periplo pola Terra Cha. A
medio camiño entre Lugo e Meira escudriñamos na noite dos tempos un percorrido
cos ollos abertos nun espazo castrexo dado a valer. A descoberta do vivir dos nosos antergos é
sinxela, non así recoñecer o camiño andado. O Castro é material didáctico de
primeira, unha posta a punto.
A Serra de Meira é un cordal con
orientación Norte-Sur. Como seres humanos buscamos o noso norte, o rumbo
hidraulico da nosa terra, queremos coñecer as nosas raíces. Son as do Miño, debaixo
dunha magnífica morrena glaciar, pisámolas, escoitámolas cal escorrentía baixo
os nosos pés, a algo máis de 600
m de altitude. O sol incide nas nosas fazulas poñéndoas
coloradas de costas ao Oeste. Despois de mollar os pés loamos, a auga, líquido
terreo con connotacións espirituais, xusto aquí, na terra dos mil ríos, donde o
zahorí pode tolear coa vara de avelán nas súas mans.
Regato que
afloras, tomas identidade e fachenda, aquí en Irimia desde o teu berce imaxinas
e recreas todas as etapas e cursos da túa vida, “ auténtico curriculum vitae” ,
todos e cada un dos diferentes aportes por ámbalas duas mans ata que te rindes
no Mar Océano deslindando entre Galicia e Portugal. Mención especial dos
Peares, donde recibes cos brazos abertos ao teu fillo de estirpe cantábrica, o
principal (Siniestro Total digno representante da Movida dos anos 80, “…El Sil
lleva el agua, el Miño la fama, Galicia nos ama…”). ¡Que sería do Miño sin o
Sil! O Miño non tería aportes nivais .O Sil é quen de botar a andar preto do
ceo na Cantábrica vertente sur. Os Peares son un digno colofón, unha
“Compostela” (documento en latín que expide a Catedral de Santiago a todos os
peregrinos que compren unha serie de requisitos) para o peregrinante Sil, o Pai Miño recibeo
cos brazos abertos no Pórtico da Gloria, así como nós agardamos con esperanza o
fin dos tempos alentados pola salvación asinada en pedra polo Mestre Mateo, ¡que
gran legado!
Antonio
Fondo (Coordinador do equipo da biblioteca)