UN LIBRO, OU UNHA PELÍCULA BASEADA NUN LIBRO, CADA SEMANA
SEMANA DO 29 DE XUÑO AO 3 DE SANTIAGO
Matar a un ruiseñor.
Vou comentar o filme Matar a un ruiseñor,
baseado na novela do mesmo título escrita pola estadounidense Harper Lee,
gañadora do premio Pulitzer.
A película trata dunha familia que vive no
sur dos Estados Unidos nunha época en que o racismo segue moi vixente.
Atticus Finch e os seus fillos son os
protagonistas. Atticus é avogado e ten
que defender a un home negro acusado de abusar dunha muller branca. Atticus
demostra que Tom ,o acusado, é inocente pero aínda así é condenado; foxe e un
policía mátao. Unha noite despois do ocorrido, Scout e Jem, fillos de Atticus,
son atacados polo pai da muller supostamente atacada por Tom, e Bud, un veciño solitario e un pouco
extraño, mátao para salvalos. Atticus e o sheriff deciden deixar a Bud
tranquilo xa que o acto foi en defensa dos nenos.
A película gustoume moito, recomendaríaa. O
que conta, o racismo, non só ocorría na época en que se desenvolve a película,
tamén na actualidade , nos EEUU e noutros países. Móstra a inxustiza de culpar
a unha persoa inocente só pola cor da súa pel.
Gustáronme moito as interpretacións,
especialmente os rapaces, xa que é a
través deles como se nos conta a maioría do que ocorre. A realización é moi
boa, ambientación, fotografía ;quizais o final me deixa un pouco intrigada ,
pero merece a pena vela, conta a realidade.
Nicole Monar. 3º ESO.