sábado, 9 de maio de 2020

comparto con vós...vivencias durante o meu confinamento



O 11 de marzo, o día antes de que desen o estado de alarma polo virus, invitei a dúas amigas miñas á casa e montamos unha pequena festa;  logo saímos a dar unha volta pola rúa para despexarnos, foi o último día que puiden saír coas miñas amizades a dar un paseo. O día seguingte  xa non se podía saír cos amigos nin ir de festa e entristeceuemoito, custoume acostumarme a estar na casa tanto tempo e estaba preocupada por como ía seguir o curso. Pasados uns días, comenzamos a recibir traballos e seguir máis ou menos o curso.

A miña vida cambiou por completo. Non podía axudar a miña nai na compra nin visitar a miña avoa,  e menos ver aos meus amigos. Os primeiros días o supermercado era un caos, non había fariña nin alimentos básicos, pero o que máis faltaba era o papel hixénico, quedeime abraiada, as estanterías estaban valeiras totalmente. Co paso das semanas, as noticias comenzaron a darnos instrucións sobre a enfermidade. Os casos empezaron a aumentar moito máis cada día e a xente empezouse a asustar, provocando psicoloxicamente que as persoas teñan medo, polo menos no caso da miña avoa.

No meu caso empecei a usar luvas na compra normalmente, cousa que nunca fixera porque non me gustan as luvas. Como pasou co papel, as luvas e o alcohol sanitario tamén escasearon nos supermercados e farmacias, sendo imposible encontralo e se o encontrabas tiña prezos moi elevados. Como lle paso a miña nai, costáronlle l dúas mascarillas case 5€, unha estafa.

Estes últimos días entramos na primeira fasede desconfinamento, onde se podía saír a pasear e facer exercicio. Eu só saín dous días, un para facer exercicio no parque enfrente da miña casa e outro que fun dar un paseo coa miña nai. Sinceramente, non teño moitas ganas de
saír á rúa, creo que teño o síndrome do páxaro enxaulado, e xa teño como costume estar encerrada na casa e dáme  preguiza saír.
                                 Cristina Vázquez Sánchez, 1º Bacharelato, Adultos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario