Esta charla, no programa "Aprendemos juntos" de BBVA, en YouTube, gustoume moito, porque ao ser un home de idade pode ter máis experiencia ca outros. Por exemplo, gustáronme varias frases: o corazón dá cantidade de vida e o cerebro calidade; dá igual a idade que teñas, saber o que podes aportar ao mundo é importante, o teu talento, aquilo no que es bo; debes aceptar quen es; dar é máis gratificante que recibir...Hai moitas máis reflexións, consellos que, aínda que o vídeo sexa longo, fan que compense porque ensina e, o máis importante, axuda, non a vivir máis, pero si mellor.
Juan Pardo Lage. Bacharelato Adultos.