Un espectacular western espacial.
A banalización da marca "Star Wars" é absolutamente imparable nas mans de Disney. "The Mandalorian"é a primeira serie de acción real de Star Wars para televisión, e aparece como flamante punta de frecha do lanzamento da plataforma Disney +.
A fortaleza da serie reside na súa sinxeleza: os espazos abertos e a estética dos planetas non teñen nada que envexar ás películas da saga, aínda que a súa condición televisiva se deixa notar máis nos escenarios armados, onde a posta en escena é moito máis vulgar. Pode que "The Mandalorian" non sexa un produto arriscado ou que non acabe de estar á altura que Star Wars esixe, pero a súa aposta pola simplicidade é unha vantaxe, xa que non deixa de ter o espírito das vellas series de aventuras. Moitos esperarían moito máis dela, pero como serie de aventuras de clase B é trepidante, como se saíse dun pasado no que ás series non se lles pedía máis.
Jorge Lorenzo, ESA, Adultos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario