Nesta desescalada, en que nos permitiron saír un pouco da xaula, a verdade, eu aínda non me sinto totalmente segura, polo que vexo nos telediarios, xornais, en internet...as aglomeracións de persoas inseguras e ignorantes, moitas das cales están saltando as normas e están tomando as cousas a broma, moitas non o están tomando en serio. Vexo moita xente sen máscara, sen luvas, e moitas pasando das normas como se fose normal e non estivésemos pasando por una pandemia de risco. Entón, eu saio cando teño necesidade de ir ao mercado, farmacias, e de vez en cando paseo arredor da miña casa. Non debemos facer como se fose unha festa esta desescalada porque non é cen por cen segura até que apareza unha vacina. Imos tomalo con calma e paciencia para que non ocorran cousas peores.
O que me deixa contenta é pode ver os nenos libres, correndo e xogando felices, porque eu teño sobriños que viven nun apartamento e velos felices ao saír á rúa, poder respirar un pouco de aire libre, iso non ten prezo.
A verdadeira liberdade é un acto puramente interior, como a verdadeira soedade: debemos aprender a sentirnos libres ,mesmo na prisión e a estar sós, mesmo na multitude.
Pávila Juliane De Oliveira, ESA 2, Adultos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario