xoves, 10 de outubro de 2019
martes, 1 de outubro de 2019
Un filme cada semana...ou cada mes..."A ponte sobre o río Kwai"

A historia ten lugar en Siam,Tailandia, en 1943. Centos de prisioneiros de guerra británicos están a traballar no chamado "Ferrocarril da morte", cando ten lugar unha discusión entre o coronel xaponés Saito e o británico Nicholson, que non está disposto a que os seus oficiais constrúan unha ponte sobre o río Kwai. Pero o cruel trato que reciben de Saito obrígaos a aceptar. A partir dun momento, este asunto convírtese nunha obsesión e unha cuestión de amor propio para Nicholson. Mentres tanto, o estado xeral británico dálle orde a un comando especial para voar a ponte.
Trátase dunha das películas máis fermosas da historia do cine de guerra, na que se propón unha disección do espírito militar británico a través dunha situación na que a obcecación se leva ás súas últimas consecuencias.
Persoalmente, como fan do cine de guerra, gústame moito, pola impecable recreación das localizacións e as caracterizacións dos bandos xaponés e británico.
Luis Alfredo Sánchez Capcha. 1ª A Bacharelato Adultos.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)