domingo, 27 de febreiro de 2022

Un libro cada semana...ou cada mes..."Los trucos de la bestia"


 

Este thriller trata sobre un fotógrafo chamado Mikel que traballa no Diario Vasco. Unha tarde,  ao saír de traballar, camiña baixo a chuvia cando se cruza cun coche que sae dun parking próximo... entón Mikel fíxase que no volante vai un veciño da infancia, Iván Katz, un próspero artista moi coñecido en San Sebastián e o conductor crava a  ollada durante uns segundos que cambiará a vida do fotógrafo. Non só ve a Ivan no coche, senón que na parte traseira vai un mozo de familia ben que desaparecera  había pouco. Tamén hai algo máis no coche,  que Mikel non é capaz de recordar e que o lanzará de cheo a unha investigación impactante e obsesiva e onde afondará na cara máis escura dun vecindario tranquilo.

 

Neste debut da autora donostiarra dáste conta realmente  de como un xénero literario como a novela negra é capaz de atrapar ao lector.

                             Pablo Miñambres López Perea.

domingo, 13 de febreiro de 2022

Unha serie cada semana...ou cada mes..."30 monedas"


 

É unha serie española de misterio e terror ambientada  en Pedraza, unha  vila  cerca de Segovia,  onde a traxedia se centra no Padre Vergara, un exorcista, boxeador e ex presidiario que é trasladado  a esta vila  remota.

A vida de Vergara é normal ata que se lle relaciona cuns  estraños fenómenos paranormais  que ocorren en Pedraza. O sincero Paco, que é o alcalde da vila, e a veterinaria, chamada Elena, intentarán sacar á luz os segredos do pasado do Padre, así como saber o significado dunha moeda vella que Vergara esconde.

Pronto, estes tres introdúcense nunha conspiración global, que chega ata ao Vaticano, polo control das trinta moedas.  Estas reliquias malditas, cun gran poder, foran as causantes da traizón do Apóstolo Xudas a Xesús de Nazaret.

 Unha serie que, se che gusta moito o misterio mesturado cun pouco de terror,  é obrigatorio ver.

                         Pablo Miñambres López-Perea.