Outro traballo sobre esta científica, feito esta vez por Eugenia Roca Capdevila, alumna de 3º da ESO.
luns, 27 de maio de 2019
domingo, 26 de maio de 2019
Un filme cada semana...ou cada mes..."Atlantis, o imperio perdido"
Todos coñecemos a lenda da Atlántida, unha enorme illa cunha civilización moi avanzada que, nun día e unha noite terribles, desaparece para sempre nas profundidades do mar.
Milo Thatch, un cartógrafo que traballa nun museo, está obsesionado con esta historia e quere amosar ao mundo, como xa o intentara o seu avó antes de morrer, que a Atlántida é máis que un mito.
Desgraciadamente, esta película é unha desas xoias ocultas que moitos infravaloran, e non moita xente coñece, aínda que pertence á factoría Disney. Permitiunos ver unha princesa negra uns cantos anos antes da chegada de Tiana e o sapo, ademais doutros personaxes negros non estereotipados e unha marabillosa muller latina. Tamén merece ser destacado o papel das mulleres na película, porque as personaxes femininas rompen moldes, deixándonos ver unha muller que se move coma un peixe na auga entre motores, ou unha princesa á que ninguén lle impón un matrimonio e que goberna a súa propia vida.
Milo, o protagonista, (con permiso da princesa Kida) non é tampouco o tipo de heroe ao que estamos afeitos: non é guapo, atlético, exitoso, nin ten cartos. Mais a súa intelixencia, a súa bondade e o eu tesón fan que sexa igual de valioso que outros, ou mesmo máis.
Que non teña cancións é, segundo a miña opinión, algo bo, xa que a fai máis dinámica.
Unha historia apaixonante, que fai que só teñas ganas de vela tomando patacas fritidas (ou algo máis san) e que non merece seguir no olvido.
Anímovos a vela. Non vos arrepentiredes!
Azahara Argibay Gallego. 1º Bacharelato Adultos.
xoves, 23 de maio de 2019
Homenaxe a Antón Fraguas
Traballos feitos polos alumnos Ignacio Cazón, César Herrero e Sebastián Fraga, de 3º da ESO, baixo a supervisión da profesora Fe Besteiro.
mércores, 22 de maio de 2019
martes, 21 de maio de 2019
domingo, 19 de maio de 2019
Un cómic cada semana...ou cada mes..."Aya de Yopougon"
Trátase dunha obra moi interesante, non só polo formato, senón polo xogo cos puntos de vista que a autora aporta ao crear as historias de distintas familias con mentalidades moi distintas. Trata sobre a vida en África e as diferenzas entre as novas e as vellas xeracións, o conflito entre costumes. Aínda que se desenvolve nos anos 70 do século XX, resulta moi actual, e conta cousas que pasan non só en África senón en todas partes.
Os personaxes pasan por diferentes situacións, fáciles ou difíciles, que intentan resolver como poden, porque non poden pedir consello aos seus familiares, quizais a algún amigo...pero acaban tomando decisións totalmente sós.
Debo dicir que me gustou tanto que até que rematei case non parei de lelo.
Juan Pardo Lage. 1ª Bacharelato Adultos.
xoves, 16 de maio de 2019
Letras Galegas 2019, outra biografía
Antón
Fraguas neceu o 18 de decembro de 1905 en Isuela, na parroquia de
Loureiro e faleceu en Santiago de Compostela o 5 de novembro de 1999.
El foi un destacado historiados, etnógrafo, antropólogo e xeógrafo
galeguista.
Antonio
Fragoas
foi fillo de Manuel Fraguas Rodríguez,
un canteiro solteiro que marchou
a Brasil
puco antes de nacer o neno, e de Teresa Fraguas Vázquez, filla tamén
dun
canteiro.
Foi
á escola publica da parroquia, no lugar da Costa. O pai volveu de
América en 1912, casou coa nai e recoñeceu o fillo o
7 de agosto
dese ano. En 1918 os pais tiñan decidido volver migrar ó Brasil,
pero refusaron a idea pola intervención den mestre que tiña escola
en Famelga,
na que o rapaz ingresou, e que vía no neno capacidades para facer
Maxisterio.
Estudou
bacharelato de 1919 a 1924 no Instituto de Pontevedra, onde foi
alumno, entre outros, de Antón Losada Diéguez que influíu nel
e o converteu ao galeguismo. No ano 1923, con 18 anos, fundou con
outros compañeiros a Sociedade da Lingua, co obxectivo
de loitar
na defensa do galego e publicar un dicionario, que non chegou a saír
á
luz. A sua primerira oratoria en público foi para presentar o
agrarista Joaquín Núñez de Couto, e falou contra dos caciques.
A partir de 1924 fixo a carreira de Filosofía e Letras na Universidade de Compostela e máis tarde ingresou nas Irmandades da Fala e comezou a colaborar co Seminario de Estudos Galegos, no que foi admitido como membro en 1928. Dentro do Seminario, unha bolsa da Junta para Ampliacion de Estudios permitiulle participar na catagolación dos castros da zona de Lalín e iniciou o estudo da xeografía hostórica de Galicia. Tamén foi bibliotecario da institución, dedicándose a facer fichas da bibliografiá galega, e participou na formacion do Museo Etnográfico de Seminario instalado no Colexio de Foseca. Licenciouse en 1928. En 1929 iniciose na docencia na Facultade de Xeografía e Historia de Santiago de Compostela, onde exerceu como profesor auxiliar ata 1933.
Foi
un dos primeiros en usar o galego na radio ó intervir varias veces
na Radio Galega en 1932. O 16 de xullo dese mesmo ano casou en Valga
con Teresa Martínez Magariños (1903-1996), coa que nunca chegaría
a ter fillos. Foi profesor do instituto da Estrada desde 1933 ata
comenzo da guerra civil. En xullo de 1936 apareceu o primeiro e único
número da La Voz de Cotobade baixo a súa dirección.
Antes
da sua xubilación, Antón Fraguas pediu
traslado a Santiago de Compostela onde exerceu a docencia e foi xefe
de estudos ata 1975.
Antón
Fraguas faleceu no Hospital Clínico de Santiago o 5 de novembro de
1999 por unha doenza cardíaca.
Traballo feito por Karen Paredes Franco, Bacharelato Adultos
mércores, 15 de maio de 2019
Letras galegas 2019
Letras galegas
O homenaxeado de este ano 2019 é Antón Fraguas, intelectual do século XX, que con 18 anos foi un dos fundadores da sociedade da lingua en Pontevedra, co obxetivo de promover o galego. En 1923 fundou, xunto con outros compañeiros, a Sociedade da Lingua, que tiña como principais obxectivos a defensa da lingua e a elaboración dun dicionario.
Dedicouse ó estudo da cultura e do territorio galegos desde distintos eidos, con especial atención e mestría á antropoloxía.
A súa figura foi recoñecida en vida co Pedrón de Ouro, a Medalla Castelao, o Premio Trasalba, o Premio Otero Pedrayo, o Premio das Artes e das Letras de Galicia e o Premio San Martiño de normalización lingüística. O 7 de xullo de 2018 a Real Academia Galega, decidiu, en sesión plenaria, que Fraguas sería o escritor homenaxeado o Día das Letras Galegas do ano 2019, coincidindo co vixésimo aniversario do seu pasamento.
Traballo feito por Juan Pardo, alumno de 1º Bacharelato Adultos
martes, 14 de maio de 2019
luns, 13 de maio de 2019
domingo, 12 de maio de 2019
Un filme cada semana...ou cada mes..."O club dos poetas mortos"
A trama sitúase nos anos 50 do século XX, nunha prestixiosa escola masculina, que ten como bases a disciplina férrea e a obediencia. Os personaxes principais son un grupo de amigos, alumnos da escola, e un novo profesor de Literatura, ex-alumno da escola, John Keating. Este profesor revoluciona a forma de ensinar porque, segundo el, a poesía non se pode medir, séntese. O seu desexo é que os alumnos pensen por si mesmos...Un día, descobren que pertencía ao Club dos Poetas Mortos, no que el e antigos compañeiros se reunían para ler poesía; os amigos deciden revivir o club.
A poesía ten moito peso na película. Dáselle especial importancia ao poeta norteamericano Walt Whitman, como se pode apreciar especialmente na última escena, unha das máis lembradas da historia do cine.
Sen dúbida, a mensaxe principal da película, ademais do poder da poesía, é cómo un profesor pode cambiar o mundo para os seus alumnos, e a importancia que poden chegar a ter nas nosas vidas.
É una oda á vida, á liberdade e a perseguir os nosos soños sen importar o que dirán. Unha película que todos deberían ver polo menos unha vez na vida. Así que, xa sabedes, calquera fin de semana, a ver a película. E, como diría o señor Keating, "Carpe Diem".
Azahara Argibay Gallego, 1º bacharelato Adultos.
mércores, 8 de maio de 2019
domingo, 5 de maio de 2019
Un filme cada semana...ou cada mes..."Grey gardens"
É una historia real, na que se mostra até que punto pode chegar o ser humano. Empeza cunha familia americana, de clase alta, que vai de vacacións a East Hamptons...o marido dille á muller que non se pode gastar tanto e que hai que despedir ao servizo; ela non lle dá importancia. Pasan uns días e a nai e os fillos dan unha festa, até que o marido irrompe nela; a partir de aí pasarán unha serie de acontecementos e desgracias que provocarán que esta familia, prestixiosa e adiñeirada da alta sociedade de New York, acabe na miseria e na loucura.
Creo que é unha historia desgarradora, xa que mostra o que é pasar de vivir na opulencia a acabar atrapado nunha casa, todo por non perdela e baixar socialmente, neste caso unha nai, que arrastra á súa filla con ela.
Juan Pardo Lage. 1º Bacharelato Adultos.
venres, 3 de maio de 2019
Matemáticas en femenino plural
O Departamento de Matemáticas está a publicar neste blog a importante contribución das mulleres ás matemáticas
ao longo da historia.
ao longo da historia.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)