xoves, 21 de febreiro de 2019

"Prohibido leer a Lewis Carroll"


Prohibido leer a Lewis Carroll
de Diego ARBOLEDA

A una joven institutriz francesa, un tanto patosa, se le ofrece un trabajo en América con unas condiciones muy peculiares…

Este libro rápido de leer, te sacará un par de carcajadas con sus personajes alocados y las aventuras que viven juntas Alice y Eugène, las cuales serán inolvidables para ambas.

-“Me gustaron mucho los personajes tan extraños presentes en la historia.” Ryu

-“La historia es muy interesante, y la forma en la que está contada no te deja parar de leer hasta que la terminas.” Manuel

-“La forma en la que la historia está contada, hace que se entienda a la perfección.” Elba

-“Una aventura imprevisible con páginas llenas de sorpresas.” Mencía

-“Un libro muy entretenido con una mezcla de diversión e intriga constante en cada página.” Noelia

Jorge 1ºA ESO

luns, 11 de febreiro de 2019

Un filme cada semana...ou cada mes... "Volver".

 
 
   A película cóntanos a historia de dúas mulleres que intentan sobrevivir aos sufrimentos da vida axudándose unha á outra. Raimunda é unha xove nai que vive na periferia de Madrid  xunto á súa filla Paula e o seu home Paco, desempregado e sempre bébedo. Un bo día ocorre algo que cambia a vida das dúas mulleres....O feito une máis ás dúas e a outras mulleres, como Sole ou a veciña, Agustina. Todas tentan  liberarse dun pasado que lles fixo sufrir, esquecer todo e camiñar máis fortes  cara ao futuro.
   O título da película, nome do tango de Alfredo  la Pera, é interpretado como flamenco por Raimunda nuha festa no restaurante que dirixe.
   A película gustoume moitísimo porque é complexa e está composta por moitos elementos, entre os que destacan a dor, a morte, os abusos a mulleres, pero tamén reflicte a amizade, a complicidade e o vínculo entre nai e filla. Chamoume moito a atención que está chea de ideas que se van modificando inesperadamente; o tema percíbese ao longo da película.
   Recomendo o filme a todo o mundo. O ritmo é rápido, sempre pasa algo, nunca ocorre o que esperas, xoga coa imaxinación; penso que é unha película que atrapa do principio ao final.  A fascinación que sentín sempre por Pedro Almodóvar como persoa  é o que me levou a analizar a súa obra.
                                             Diana Prego Arriero. 1º Bacharelato Adultos.
 

sábado, 2 de febreiro de 2019

Un filme cada semana...ou cada mes..."The artist"

 
 
 
  É unha película que mostra o paso do cine mudo ao sonoro. O actor George Valentin, estrela do cine mudo, a quen a vida lle sorrí, coñece a unha   rapaza chamada Peppy Miller, quen comezará de extra con George e grazas a el converterase nunha grande estrela do cine sonoro, mentres George vai desaparecendo pouco a pouco...
   É unha película fermosa, tenra e moi ben rodada, aínda que sexa en branco e negro, imitando as películas dos anos 20, que nos fai comprender o que tiveron que pasar os actores do cine mudo da época, co paso ao sonoro. Mostra o fracaso do orgullo, da soberbia, e  a importancia da paciencia, os sentimentos e o amor incondicional, incluíndo o do  can polo  seu dono.
 A película obtivo numerosos premios, e recomendamos vela porque nos fixo rir, chorar, emocionarnos, sentir medo...É boísima e, na nosa opinión, merece un dez. 
 
                                     
              Gemma Christina García  e Elena Holguín. 3º ESA.