Agora que está acabando case o confinamento xa nos deixan saír á rúa unhas horas, pero ao principio, cando non deixaban saír, había que buscar cousas para facer e así non aburrirte, xa que así pasa o tempo máis rápido. Entretíñame escoitando música, facendo tarefas de casa, xogando á play e vendo a televisión, e cando había sol, ou simplemente non chovía, ía á terraza que temos enriba do noso edificio. Para min, eses momentos en que estaba na terraza era o mellor de cada día, porque deixas de estar encerrado tanto tempo na casa, agradecía poder tomar un pouco o aire. Era unha forma de desestresarme e parar de pensar algo en todo o que estaba ocorrendo co coronavirus. Menos mal que agora a situación está mellorando, está deixando de haber tantas vítimas e parece que a pandemia se empeza a frear. Esperemos que todo isto acabe cedo e poidamos volver á normalidade.
Eloy Fernández, ESA 3 Adultos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario