luns, 20 de outubro de 2014

UN LIBRO CADA SEMANA


UN LIBRO CADA SEMANA
SEMANA DO 20 AO 24 DE OUTUBRO
A UNESCO DECLAROU O 24 DE OUTUBRO ‘DÍA DA BIBLIOTECA’.
“NON PODEMOS VIVIR SEN PARAÍSO, SEN UTOPÍA. NON PODEMOS VIVIR SEN LIBROS”
 
Ola, chámome Lidia Nyamsi Hermida, vouvos animar a que leades Bajo la misma estrella, de John Green. Encantoume. É un drama de adolescentes, unha rapaza e mais un rapaz que teñen cáncer, e que a pesar diso, namóranse e viven unha historia de amor moi bonita: quérense e demóstrano; axúdanse. Eles saben que teñen un futuro limitado, que hai cousas que nunca poderán facer, pero están alegres todo o que poden e son bastante felices, eu diría que incluso son máis felices que moitos dos que estamos sans.
Tardei en lelo aproximadamente un mes, facendo outras cousas claro. E agora recoméndovolo. Que vos guste!
Lidia Nyamsi Hermida, 1º ESO D.

Ningún comentario:

Publicar un comentario