24 DE OUTONO: DÍA DA BIBLIOTECA
A UNESCO DECLARA O 24 DE OUTUBRO ‘DÍA DA BIBLIOTECA’.
“UN BO LIBRO É COMA UNHA BOTELLA DE VIÑO DE RESERVA. HAI QUE
COPARTILO, PORQUE COMO DI O REFRÁN AFRICANO, ‘A SABEDORÍA NON É HÓSPEDE DUNHA
SOA CASA’”
VENRES 24: ONDE NACEN
OS LIBROS.
O CENTRO ‘RAMÓN
PIÑEIRO’
Hoxe, como día especial, pido permiso aos meus colegas, ao
Equipo da Biblioteca do Instituto, para falarvos do Centro ‘Ramón Piñeiro’ para
a investigación en Humanidades. Nesa institución, nese pazo de saber, traballan varias persoas ás que podo chamar
‘amigo’, e iso hónrame, e moito. Entre elas está a profesora xa xubilada do
noso Instituto, Carme López Taboada (forma parte no Consello de Redacción dos ‘Cadernos de Fraseoloxía Galega’).
A un destes amigos, Xesús Ferro, é ao que me dirixín para pedirlle que me
facilitase unha síntese do labor realizado polo Centro Ramón Piñeiro. Sei que o
tempo nas súas mans é máis que ouro e débolle un sincero agradecemento por
botarme unha man. Precisamente nas súas déixovos xa:
“O Centro Ramón Piñeiro é un proxecto institucional que
botou a andar en
1994 e que nestes 20 anos publicou 215 libros e puxo na
Rede recursos
electrónicos lingüísticos como:
ARRECADA Servizo
de Terminoloxía Galega
(http://www.cirp.es/rec2/arrecada.html).
BILEGA:
Bibliografía Informatizada da Lingua Galega
(http://www.cirp.es/bdo/bil/).
CODOLGA: Corpus
Documentale Latinum Gallaeciae
(http://balteira.cirp.es/codolga).
CORGA: Corpus de
Referencia do Galego Actual
(http://corpus.cirp.es/corgaxml).
COTOVÍA: Conversor
texto-voz
(http.//www.gts.tsc.uvigo.es/cotovia/cotovia.gl.html).
ES>GL: Tradutor automático español-galego
(http://www.xunta.es/tradutor/).
E tamén ofrece resursos literarios como
BIRMED:
Bibliografía de Referencia da Lírica Medieval Galego-Portuguesa
(http://www.cirp.es/pls/bdo2/
f?p=BIRMED).
MEDDB: Base de
datos da Lírica profana galego-portuguesa
(http://www.cirp.es/pls/bdo2/
f?p/=meddb2).
DITERLI: Base de
datos do Dicionario de termos literarios (letras A-D)
(E-H) (http://www.cirp.es/pls/
bdo2/f?p/=DITERLI).
Os libros céntranse no eido lingüístico en áreas básicas
coma a bibliografía, o Marco Europeo, a terminoloxia, a
lexicografía, a fraseoloxía e a etnolingüística. E no ámbito literario, os
Informes anuais de literatura, a intensa atención á literatura medieval, á
edición de literatura do século XIX,
e á reedición en forma facsimilar de numerosas revistas literarias ou da emigración americana. Os case 30
Cadernos Ramón Piñeiro recuperaron a cara confidencial de boa parte do
galeguismo dos dous primeiros terzos do século XX. A todo iso hai que engadi-la formación
investigadora de máis de 400 bolseiras e bolseiros (unha parte deles estudosos
estranxeiros da lingua e literatura galega). Tiveron ocasión non só de participaren
activamente durante algúns anos en avanzados procesos de investigación, senón
tamén de estableceren contactos persoais con científicos e centros
investigadores de diferentes países. Todo este capital humano da ciencia
lingüística e literaria galega medra xa de maneira autónoma e constitúe un
valor propiciado pola existencia deste Centro de Investigación.
A crise económica obrigou a reduci-los seus recursos humanos
de forma considerable pero, aínda así, boa parte dos seus proxectos
seguen abertos. Algunhas das súas obras ou ferramentas son unha referencia
internacional e contribúen proporcionalmente a que a nosa lingua e a nosa
cultura teñan
unha honorable presenza no mundo científico internacional. Ós que traballamos alí gustaríanos que Galicia percibise
tamén que este Centro contribuíu e aínda contribúe a arma-la nosa lingua e
a nosa
literatura con ferramentas modernas e eficaces”.
(Mª
Rosario Soto Arias, membro do Equipo da Biblioteca do IES ‘Eusebio da Guarda’
da Coruña e membro do Consello de Redacción dos Cadernos de Fraseoloxía Galega)
Ningún comentario:
Publicar un comentario