PEQUENAS INVESTIGACIÓNS
Abrimos desde a Biblioteca do Instituto un capítulo dedicado
ás pequenas investigacións. Filolóxicas, en principio. Pero todo é ampliable.
Empezamos coas Etimoloxías Populares.
Etimoloxías populares
(I)
Lenda etimolóxica do río Mandeo.
Lin no periódico o seguinte: o río Mandeo, segundo unha
vella tradición, debe o seu nome a que, durante as correrías dos mouros por
Galicia, estes acamparon na ribeira dese río de Betanzos. Xurdiron diferenzas
entre os dous caudillos respecto á táctica militar que debía seguirse. Non se
puxeron de acordo e un deles, o máis decidido, impuxo a súa vontade exclamando:
aquí mando eu!, e, por contracción, Mandeu! Así acabou denominándose o río Mandeo, aínda que tamén pode ser chamado Mandeu.
Paula Martínez Parra, 2º D de bacharelato.
Ningún comentario:
Publicar un comentario