mércores, 22 de outubro de 2014

CONMEMORACIÓNS



24 DE OUTONO: DÍA DA BIBLIOTECA
 
A UNESCO DECLARA O 24 DE OUTUBRO ‘DÍA DA BIBLIOTECA’. 

“SE COMO DICÍAN OS NEOGRAMÁTICOS  ‘CADA PALABRA É UN MUNDO’, CANTOS MUNDOS CABEN NUN LIBRO?” 

Para celebrar este día seleccionamos páxinas maxistrais sobre os libros, a lectura e as bibliotecas. Unha páxina cada día desta semana

MÉRCORES 22

Que ninguén queira ordenarme
As preces que hei de rezar,
Os libros que debo ler,
Os vítores que hei de dar. (C. Emilio Ferreiro, Onde o mundo se chama Celanova).

 (Foto tomada da Internet)
:::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::
As paixóns humanas son un misterio, e aos nenos pásalles o mesmo cós maiores. Os que se deixan levar por elas non poden explicárllelas, e os que non as viviron non poden comprendelas. Hai homes que xogan a vida por subir a unha montaña. Ninguén, nin tan sequera eles, poden realmente explicar por que. Outros arruínanse para conquistar o corazón dunha persoa que non quere saber nada deles. Outros destrúense a si mesmos por non saber resistir os praceres da mesa… ou da botella. Algúns perden canto teñen para gañar nun xogo de azar, ou sacrifícano todo a unha idea fixa que endexamais poderá realizarse. Uns cantos cren que só serán felices nalgún lugar distinto, e percorren o mundo durante toda a súa vida. E uns poucos non descansan ata que conseguen ser poderosos. En resumo: hai tantas paixóns distintas como homes distintos hai.
A paixón de Bastián Baltasar Bux eran os libros. (Michael Ende, A historia interminable)

(Foto tomada da Internet)
 (Equipo da Biblioteca do IES 'Eusebio da Guarda'. A Coruña)

Ningún comentario:

Publicar un comentario