martes, 21 de outubro de 2014

CONCURSO GAÑAPUNTOS



CONCURSO GAÑAPUNTOS


SEMANA SEXTA


A UNESCO DECLARA O VENRES 24 DE OUTONO ‘DÍA DA BIBLIOTECA’


“E ve que o seu corazón é un libro de infinitas follas”


Por ser esta unha semana de celebracións, facemos dúas preguntas de dous puntos cada unha:

1ª. Cantos libros rexistrados hai na Biblioteca do Instituto ‘Eusebio da Guarda’ da Coruña?

(Hai que preguntarllo ao bibliotecario)


2ª. A Xunta de Galicia publicou neste ano, 2014, a obra Poesía galega do sabio filósofo e poeta ourensán xa falecido Eloy Luis André, unha moi coidada edición a cargo de César Camoira Vega. Pero a Xunta de Galicia non publica directamente, senón que confía ese labor a un dos seus centros  de estudo e de investigación máis sobranceiros. A que Centro nos referimos?

::::::::::::::::::::::

As respostas son: 17.000 libros rexistrados aproximadamente; canto á segunda pregunta: Centro Ramón Piñeiro para a investigación en humanidades.
As alumnas gañadoras son: Alicia Cabana Noguera, de 3º ESO V, e Lucía Blanco, de 3º A.

Ningún comentario:

Publicar un comentario