Nestes duros días, en que, xa que non podemos saír, necesitariamos ter, polo menos, un xardinciño onde respirar un pouco de natureza, a lectura deste libro resulta unha experiencia agridoce.
A protagonista transmite a atractiva idea de que, tendo un xardín, non se necesita nada máis na vida; a súa comuñón coa natureza é unha lección de abandono de todo (ou case todo) o material...É certo que se trata dunha muller de clase alta, con todas as súas necesidades cubertas e sen outra que a de ser feliz, pero a súa aposta vital é moi atraente, e, para ser un libro escrito por unha aristócrata do século XIX, mostra unha visión moderna e pouco convencional da vida, utilizando, ademais, un estilo lixeiro, suavemente irónico, crítico coa sociedade, coa alta sociedade e, por momentos, consigo mesma tamén. Lelo, pechada na casa, sen ese xardín no que poder refuxiarse, produce unha mestura de pracer e desasosego.
Susana Piensos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario