Diario do confinamento
Estas dúas últimas semanas, a verdade é que foron máis tranquilas. Foron dúas semanas de reflexionar, de pensar sobre o que vou facer coa miña vida, de pensar o que me falta para lograr todos os meus obxectivos...Tamén dccidín non ver máis noticias, nin seguir os medios de comunicación, porque non quero "contaminarme" de cousas negativas da tele, non quero que a tele me encha de medos nin de cousas que non axuden a solucionar esta crise...ao contrario, o que fan é meter máis medo á xente, cousa que vexo mal.
Tamén dedico o meu tempo a educarme, estou facendo test para sacar o carné de conducir e dedícome a ler; aprendín moitas cousas en internet.
Ademais, estou compartindo o tempo coa familia, con ganas de que pase todo isto, e tamén facendo os deberes que me envían....
E pensando moito en aproveitar a vida, porque as cousas cambian da noite á mañá e isto que estamos vivindo é unha proba...
Espero que volvamos pronto á normalidade.
Sebastián Garcés Pérez, ESA 2. Adultos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario