A maioría das persoa ás que escribo en Whatsapp comezan a sentir os síntomas do encerro. Sobresaturación de pantalla e a alegría no chan. Un eco mental dítame que isto non se solucionará nun mes. Hai un mes falei por teléfono cunha amiga e estabamos ensaiando posibles escenarios dunha nova sociabilidade. Seremos coma os nórdicos, o 98% encerrados e dedicados á intimidade, pero sen cartos para redecorar a casa. Hai días que son máis optimista que outros. Máis tarde descubro que no meu edificio unha muller foi levada ao hospital por coronavirus e recordo que a vin nas escaleiras cando tusía; afortunadamente non quedei infectado. Acumulo listas de cousas para ler e películas para ver, pero pouco tempo podo estar concentrado nalgo distinto a este caos, pero debo enviar os traballos aos profesores, mandan moitos que non dou. Eu traballo como una forma de non pensar nisto. Penso nesta imaxe instalada de "home en guerra". Que fixeron cando estaban nas trincheiras. Penso: escribiron cartas. Non falaron do presente, dunha ametralladora na man, o corazón na fosa, dunha guerra, senón dos bos momentos do pasado e do futuro. Sinto que a vida como a coñecía está preparada para desaparecer.
Luis Alfredo Sánchez Capcha. 1ª Bacharelato, Adultos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario