luns, 23 de febreiro de 2015

UN LIBRO CADA SEMANA

UN LIBRO CADA SEMANA

SEMANA DO 23 AO 27



Vou falarvos do que é o meu libro favorito. Caperucita en Manhattan, de Carmen Martín Gaite. Regaloumo a miña avoa, de aquí de Coruña, polo Nadal. Gustoume moitísimo, por que? Eu diría que polas emocións que transmite. As veces as persoas cuestiónanse cousas como a liberdade e cuestiónanse se poden ou non ser felices... No libro reflexiónase sobre eses temas. Se me preguntas o que penso eu sobre a felicidade, creo que si, que se pode ser feliz. Trátase de saber pensar en positivo, pensar que non todo arredor é malo, e que se na vida che sucede un imprevisto e tes que entrar a valorar o bo e o malo, debes ser capaz de acabar valorando máis o positivo.
Aprendín con este libro a amar aínda máis a cidade de Nova York, eu xa levaba un tempo pensando en que me gustaría ir... Nárranse moitas curiosidades desa cidade, por exemplo, da Estatua da Liberdade.
Agora estou lendo unha versión de Soño dunha noite de verán, e si, teño pensado seguir lendo a Carmen Martín Gaite.
Julia Cordonié Amenedo, 1º da ESO D.


Ningún comentario:

Publicar un comentario