martes, 3 de febreiro de 2015

UN LIBRO CADA SEMANA

SEMANA DO 2 AO 6 DE FEBREIRO



Os rapaces do Club de Lectura leron Corredores de sombras, de Agustín Fernández Paz. Déronlle unha valoración entre 6 e 7. “O final era demasiado previsible”.  Un dos participantes na tertulia sobre este libro describe a Clara coma unha rapaza pija. Pero logo, cando debaten sobre os puntos máis interesantes para eles, unha das alumnas de terceiro dixo: A min algo que me quedou, algo que me gustou son as palabras do tío de Clara (porque ela non se identifica ao cento por cento cos seus, coa forma de pensar da súa familia), o tío, que é homosexual, dille a Clara que ela non ten por que demostrarlle nada a ninguén... simplemente o que hai que facer é vivir..., e cada un debe vivir a súa propia vida”.

 Valoran ben a forma literaria, está moi ben escrito e hai varios que se amosan satisfeitos co nivel de complexidade da trama, do suspense.

Algúns aínda non o acabaron e non queren que lle rebentemos o final.

Ningún comentario:

Publicar un comentario