MESA REDONDA NA BIBLIOTECA
Hoxe 24 de febreiro, día do cumpreanos de
Rosalía –“naceu, si, tal día coma hoxe –dixo onte Xulio Cuba-, e non morreu nunca...
“-, os membros do Club de Lectura dos martes [Os cazatesouros] inauguramos unha nova experiencia na biblioteca.
Convidamos a persoas que teñen algo que dicirnos a cambio de moi cousa cousa
material...
O convidado de hoxe foi o profesor de
tecnoloxía e licenciado en física (ten tamén un mestrado en astrofísica), Mario
S. García. Falounos de Galileo Galilei. Logo integramos un enlace para que
poidades ver as súas propias impresións do vivido. Asistiron 14 membros do
club. Eu sentíame contenta polo quórum acadado. Agora a Biblioteca é un espazo
máis luminoso... E os rapaces prestaban moita atención. Ao final dúas rapazas,
Gadea e mais Carolina, amosaron interese por ler ao sabio humanista, e Mario
díxolles como tiñan que facer para descargar a información entrando no MUNCYT
coruñés.
Creo que foi unha experiencia que se pode
repetir. A Mario pedirémoslle a próxima vez que nos fale dos exoplanetas. De
agasallo démoslle un disco de Robert Forster. Xa nos dirá se lle gustou.
(Mª Rosario Soto, membro do equipo da B.E. do IES P. 'Eusebio da Guarda')
Ningún comentario:
Publicar un comentario