ALANNA
A GUERREIRA (Tamara Pierce)
Este
libro regaláranmo os “Reis Magos” hai tempo. En canto o vin pensei: “por fin
teño nas miñas mans un libro que trata dunha muller guerreira”. E así foi.
Alanna cambia considerablemente o costume de pór ás mulleres en apuros.
“Alanna a guerreira” trata sobre unha
nena que está destinada polo seu pai a un convento; esta nena é Alanna. Ten un
irmán xemelgo que prefire estudar bruxería no convento e ela prefire substituír
o seu irmán e ir á corte para aprender a ser un cabaleiro. Desde ese momento é Alan de Trebonal.
Se che
gustan as historias de cabaleiros en apuros e damas ao rescate, estás de sorte,
porque Tamara Pierce che dá todo isto e moito máis nesta incrible historia de
cabaleiros e bruxería nunha sociedade aristócrata da Idade Media.
Alicia Cabana Noguera. 3ª da ESO.
Ningún comentario:
Publicar un comentario