UN LIBRO CADA SEMANA
SEMANA DO 12 AO 16 DE XANEIRO DO 2015.
Tráivos un libro breve, apenas 120 páxinas,
editado por ‘Eneida’, da súa coidadosa e belísima serie titulada Confabulaciones. Lese dun tirón, eu lino
neste verán nun par de tardes. É unha historia que se adentra bastante na
psique humana, novela de personaxe, moi do gusto do XIX. Titúlase Historia de un amor turbio, do uruguaio
–de apelido galego- Horacio Quiroga.
(Foto tomada da Internet)
Entre o incomprensible (a sempre digna de
exploración natureza humana), o absurdo, o tráxico e o romántico, móvese este
relato de desamor. A min persoalmente a forma de pensar do home, de Rohán, me
recorda moito á de certos personaxes masculinos de H. James. Esa preferencia
pola cómoda vida de solteiro, o medo a
sufrir por causa do amor, etcétera.
Quiroga é un crac. Dos mellores escritores que
deu ao mundo Sudamérica, que foron moitos.
Apreciado por Cortázar, por Bioy Casares,
recoméndovos encarecidamente que lle botedes un vistazo ao artigo de Karim Taylhardat
sobre el, un artigo que atoparedes neste enderezo: http://cvc.cervantes.es/el_rinconete/anteriores/junio_02/18062002_03.htm
Ningún comentario:
Publicar un comentario