VENRES 30 DE XANEIRO: DÍA DA PAZ
POEMAS
FEITOS POLOS ALUMNOS PARA CELEBRAR O DÍA DA PAZ
A paz,
Sentimento
de moitos,
Realizado
por poucos.
(Miguel
A. Otero Pérez, 4º V)
:::::::::::::::::::::::::::::::::::
Flores
nos campos de guerra
Corpos
inertes nos fosos
Non ás
guerras,
Non ás
mortes.
Collidos
das mans gritemos
Nós ás
guerras,
Non ás
mortes.
Ata
cando máis guerras?
Ata
cando máis mortes?
(Ronny Monar, 4º V)
::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::
A paz é
un sentimento.
A paz é
a tranquilidade.
A paz é
a liberdade.
E a
pomba a súa identidade.
Foi
Picasso o seu pintor.
Nelson
Mandela un loitador,
Que
adiante sacou a súa nación.
E aínda
que morreu xa,
A paz levamos
del no corazón.
(Jaqueline Micaela
Calle Francisco, 3º V)
::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::
Amigo, comigo
podes contar
E todos
unidos imos gañar
Contra
as inxustizas dos que nos queren mal.
Contra
as guerras en terra e mar.
O día da
Paz
É un día
para recordar.
Pero non
é só un día,
Todos os
días queremos amar.
Podemos
amar, podemos respectar,
E con
iso conseguimos a Paz.
(Alicia
Cabana, 3º V)
:::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::
Paz,
eterna paz,
Quixera
eu que fora así,
Sen
guerras, nin envexa,
Oxala
iso puidera existi!
Pasan
sede, fame, frío,
Os que
viven sen fogar.
Oxalá a
paz os protexa,
Paz,
eterna paz...
(Amanda Quintela Iglesias, 1º B ESO)
::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::
MARCHA MUNDIAL POLA PAZ
Marchemos
pola paz e a non violencia,
Pedindo
o fin das guerras este día,
Todos
urxente tomemos conciencia,
Temos
dereito a vivir en harmonía!
Que esta
marcha percorra o planeta,
Chamada
de protesta á sociedade,
Rexeita
todo tipo de violencia,
Polo ben
teu e da humanidade.
Polo fin
das discriminacións,
Non! á
crecente ameaza nuclear,
Pola
pobreza dalgunhas rexións,
Xera
concienc ia na sociedade.
Que os
enfrontamentos non sexan máis!
A vida é
sagrada, debémola valorar.
Que as
nosas voces se fagan escoitar,
Marchemos
unidos reclamando a paz!
(Marta
Meléndez García, 2º D ESO).
Ningún comentario:
Publicar un comentario