VENRES 30. DÍA DA PAZ.
Vistes que actividades tan guapas programaron no
noso Instituto irmán? Entrastes xa nos blogs amigos e rebuldeiros? Nós tamén
faremos algo a prol dese desiderátum, desa utopía imprescindible, que haxa PAZ
no mundo en que vivimos…
Aconsellable:
1.
Sermos máis pacíficos e menos
violentos no día a día.
2.
Ler máis poesía. Esta semana
podemos ler, xa que estamos, a Octavio Paz.
3.
Rosalía cita sete veces polo menos
a palabra PAZ en Follas
Novas. Buscade e lede.
4.
Este venres no primeiro recreo baixaremos
á Praza de Pontevedra e faremos foto arredor do símbolo picassiano, da pomba
branca. Vinde facernos compaña.
5.
Entrade logo no blog da Biblioteca
(ofarodesofia.blogspot) , e deixade un comentario ás outras actividades que
subiremos ao blog o venres.
6.
Oístes as palabras que pronunciou a
última muller que recibiu o Premio Nobel da Paz? É aconsellable coñecelas.
7.
Comunica os teus mellores desexos
de paz ao mundo, empezando por aqueles que tes máis preto.
EQUIPO B.E. DO EUSEBIO DA GUARDA
Ningún comentario:
Publicar un comentario