UN LIBRO CADA SEMANA
SEMANA DO 26 AO 30 DE XANEIRO DO 2015
NIN
DE EVA NIN DE ADÁN
Comento brevemente unha noveliña que me
encantou: Nin de Eva nin de
Adán, da belga Amélie Nothomb. Trátase dunha obra autobiográfica
onde Nothomb, nacida en Xapón por mor do traballo de seu pai, conta a súa
historia de amor co adorable Rinri e dános unha visión do Xapón de finais do
século XX, tan suxerente que nos transmite as ganas de coñecer tan peculiar
sociedade, chea de contradicións (terrible a presión académica e laboral; esta
última é,parece, o tema central da novela, tamén autobiográfica, Estupor e tremores , que
xa estou desexando ler) pero refinada e misteriosa, delicada e elegante.
E , en primeiro plano,a historia de amor, narrada con humor, intelixencia e sensibilidade, utilizando sempre a linguaxe axeitada, cun estilo preciso, no que non sobra nada, conseguindo sempre a frase redonda, ocorrente, por veces poética, por veces burlona. unha marabilla.
Mágoa que, finalmente, Nothomb deixe escapar a Rinri, o home perfecto...

Ningún comentario:
Publicar un comentario