luns, 5 de xaneiro de 2015

UN LIBRO CADA SEMANA



UN LIBRO CADA SEMANA

SEMANA DO 5 AO 9 DE XANEIRO DO 2015

Recoméndovos Cosas que los nietos deberían saber (2008, a primeira ed. Española é do 2009), a autobiografía de Mark Oliver Everett -tamén coñecido como E-, líder e cerebro do grupo musical Eels. Neste libro (o mellor libro de axuda que non intenta axudar a ninguén, en palabras de Rodrigo Fresán), o artista de Virxinia nárranos, cun estilo directo e con grandes doses de humor, as súas complicadas peripecias vitais. Mr E tívose que sobrepoñer á morte do seu pai, o físico cuántico Hugh Everett, creador da teoría dos universos múltiples (cuxo cadáver encontrou tendido na súa cama), ó suicidio dunha irmá adicta ás drogas, á desaparición da súa nai por mor de cancro, ou á morte da súa prima, quen era azafata nun dos avións de 11 S. Pero, malia todas estas traxedias, E mostra un peculiar optimismo; dá as grazas por estar vivo e demostra en incontables ocasións o seu amor pola música, unha paixón que o axuda a tirar para diante e non caer na depresión (mención aparte merece o apartado musical, no que o líder de Eels reflicte unha encomiable ética persoal e enteireza, lonxe das esixencias das grandes multinacionais da música, unicamente interesadas en facer diñeiro). En definitiva, un libro altamente recomendable, tanto se es fan do grupo Eeels coma se non os escoitaches nunca.
                (Xácome González Soto, ex alumno do IES ‘Eusebio da Guarda’).


Ningún comentario:

Publicar un comentario