UN LIBRO CADA SEMANA
Ola,
son Carolina Ojea e acabo de ler para a materia de lingua galega o libro
titulado Chamando ás portas do ceo,
de Jordi Sierra i Fabra. O que máis me gustou da súa lectura é o feito de que
haxa persoas solidarias, persoas que realmente queren axudar aos máis
necesitados. Ese é o caso da protagonista, Silvia, que vai á India como
cooperante. Coopera curando os enfermos porque ela estudaba a carreira de
medicina.
O que
menos é a historia do triángulo amoroso: en España deixara un noivo e na India
Silvia coñece ao príncipe de Mahedra, e tamén ten unha relación así especial
con Leo, outro cooperante. Ao final con quen continúa a relación amorosa é co
español, e co príncipe quedan como amigos.
Abúrrenme
mortalmente os triángulos amorosos.
[Neste
punto dille Julia Pedrido: Xa verás máis
adiante… E todas sorrimos. Hoxe venres 14 só había mulleres na reunión do
club de lectura. Julia engade: … deixas
fóra “La Regenta”, “Madame Bovary”… Entón fala Carmen: Vai por épocas... Carolina cala, pero escoita].
Ningún comentario:
Publicar un comentario