Viaxe por Terras de Soneira (31-Maio-2014).
Algúns fitos no camiño:
SAN FINS DO CASTRO (Cesullas-CABANA, 1 de agosto), campo de bidueiras no
que medra o azafrán, castro, fonte miragreira.
HIMNO
“Meu santo, san Fins do Castro
que lle dás ós teus romeiros.
Auga que sale da fonte,
sombra dos teus bidueiros”.
-Saturnino Cuiñas, “o cura
gaiteiro”, gaita, pandereta, zanfona, (Cantigas da Terra, Cantigas e Agarimos).
Facía uso do galego nas cerimonias relixiosas,
47 anos de actividade pastoral en Cesullas, procedía de Pontevedra (practicamente
ata os 80). BERRO SECO, entre aturuxo e berro que facían os canteiros
para mover as pedras, a man ou a palicuerda.
LAGOA DE TRABA, de deflación, eólica ou litoral. Personifica o mito do
Xudío Errante, pero coa variante de Santiago apóstolo. Explícase un accidente
xeográfico ou xeolóxico cun mito nunha chaira aluvial e de limos.TRABA e NANDE,
duas parroquias nun val aberto ao mar (productos primicia de temporada-patacas,
cebolas, chícharos, allos…, duas colleitas dalgúns, boa froita –peras, mazáns,
figos: Figueiral de Mórdomo xa referido por Pondal, froita de pedra-). Esta
realidade refléxase nos alcumes: María
das peras ou a Sancha. Productos destinados á Feira e ao Feirón de Baio e ao
Mercado semanal de Vimianzo. Explotacións agrícolas e productos similares aos de Barizo (Malpica), Merexo (Muxía), Razo
e Baldaio (Carballo). Aquí no val de Traba resáltamos a problemática de campos
pechados (enclosures), parcelamento ata o extremo, minifundismo ata a chegada
da Concentración Parcelaria (proceso paralizado 3 ou 4 veces, ao longo de 20-25
anos), cambio estrutural, de lameiros e camiños fondos a pistas e leiras sen
balados. As cainzas do carro, as engarellas e as padiolas para carregar os
enfermos ao médico deixaron paso a flamantes vehículos que circulan por toda a
rede viaria do val. ATAÍN, illa percebeira que toma o nome dun barco
embarrancado, a ela iban na percura de percebes e de cunchas para abonar as
fincas.
SANTIAGO DE TRABA, de feitura románica con nave abovedada cuadrangular.
Conserva contrafortes e canzorros no lado sur. (séculos XIII-XVIII, e outra
reforma a med. S.XX). Altar rococó. Portada principal (1716), ao xeito do
Hospital Real (Hostal RRCC), fálase de Barroco Mariñeiro? ou tardío (columnas
salomónicas, tetralización do programa da Salvación: Deus Pai, nun paso
inferior María e os anxos, nun paso inferior Santiago Matamoros, nun inferior á
esquerda san Pedro, á dereita san Francisco, e debaixo á esquerda Eva, á
dereita Adán). Sentido ascensional do terreo ao espiritual.
PENEDOS DE TRABA E PASARELA (Concellos de Laxe, Vimianzo e Camariñas, Serra
da Pena Forcada) Paisaxe autonómica protexida desde o 2008. Conxunto de bloques
graníticos de case 300 millóns de anos. Nomes elocuentes: a Cachucha, a Moa, o
Castelo, a Gándara da Barca. Fálase das Aras Sixtinas, piletas de sacrificios e
de ritos, vestixios castrexos, mouros e
trabes de ouro e de alcatrán (o imaxinario popular, chega a conectar cos Contos
da Alhambra de Washington Irving).
CEREIXO, vila nobre. Alfonso IX de León no 1228, despois dun incendio dalle
carta de Vila. Boa canteiría. IGREXA de Santiago, med. S.XII, de feitura
románica en planta e muros, ábsida rectangular con bóveda de canón, nave única
e cuberta de Madeira. Tímpano sur co motivo da Translatio do apóstolo Santiago,
a máis antiga de España.MUIÑO DAS MAREAS (1679). Hoxe propiedade da familia do
rei de Viana, situado na desembocadura do regato Riotorto no Grande ou do
Porto. Antes pertenceu aos Moscoso de Altamira e a outros nobres. Ao subir a
marea retén e almacena a auga para baixar bruscamente ao inferniño no baixamar moendo. TORRES
(s.XVII), tiñan fin defensivo. Líganse a elas diferentes linaxes, desde os
Maceda e os Taboada ata os Novoa, Vilamarín, Soutomaior, Castro, Bermúdez,
Mendoza, Calo ou Carantoña.
LEIS, s.Pedro. (Med. S.XII) Planta basilical. Arquivoltas sostidas por columnas
adosadas rematadas en chapiteis. Línea de imposta corrida con pequenas
arquerías. Tímpano semicircular con catro arcos de influencia califal. Espadana
de dous vanos coroada por acróteros piramidais.
TRASUFRE, a Santiña (Nª Sª de Aranzazú-“nos espiños”), parroquia de s.
Pedro de Coucieiro). Fundada polo párroco no 1785, para evitarlle aos veciños
cruzar o río Castro para asistir a misa en temporada de enchentes. No 1875 é
ampliada, dada a importancia da romería do Espiño. Auga miragreira para as verrugas
e outras afecións da pel. O enfermo ha de ser ofrecido por alguén, co que
acudirá a misa no día da Santiña, e ha de dar unha esmola en grao ou un exvoto
en cera. Lávanse as verrugas na fonte e deisanxe a secar os panos na silveira,
tan pronto sequen os panos secan as verrugas.
“Verrugas traio,
verrugas teño.
Aquí colgo o pano
e marcho correndo”
CALDEIRAS DO CASTRO, topónimo. Froito da erosión, recreación dun queixo
Gruiere. Un alí muda de estado físico; convén levar os sentidos en alerta,
expectante por todas as sensacións que descobrimos.
CASTRO DAS BARREIRAS, (s.V a.C.-II d.C.), no medio do val de Vimianzo, non
romanizado, foxo que por veces supera os 8 m de altura. Non é un castro aillado
(Sansobre…). No imaxinario popular estaría conectado por un túnel co Castelo.
MUIÑO DA AGRA, posta en valor e recuperación dun espazo que recorda a nosa
intrahistoria. Destacamos a aposta do concello e a colaboración da
veciñanza.
(Antonio Fondo, profesor e
mais organizador da viaxe de profesores, “contento de que viñerades”)
Ningún comentario:
Publicar un comentario