(Pablo con colegas no corredor do instituto, el é o que leva camiseta verde)
Ola,
son Pablo Martínez Iglesias, de 4º A. Estou lendo a última entrega de Xogo de tronos, titúlase Danza de dragóns. Gústame, si, aínda que
cambia bastante a historia, introduce novos personaxes. Non sei se ten sentido
preguntarse aquí cales son os bos e cales son os malos. Cadaquén
actúa segundo os propios intereses. Teño personaxes favoritos, naturalmente. O
que podíamos chamar así o máis protagonista é John Neve, quizais porque actúa
como o clásico héroe: é leal, valente, parece que se move por principios…, e é
intelixente. Tamén soubo serlle fiel ao que foi o seu único amor.
O
contexto no que se desenvolve esta historia non é exactamente a Idade Media,
pero aproxímaselle bastante. Máis ben temos un universo fantasiado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario