UN LIBRO CADA SEMANA
Ola! Son Felipe Taibo, profesor de Ciclos no IES Eusebio da
Guarda e acabo de ler "Almas grises", de
Philippe Claudel. Un home polifacético: foi tamén docente, gústalle o cine (dirixe películas e mais
escribe guións), e xa levou varios premios polo seu labor literario (entre eles
o prestixioso Goncourt de novela no 2003, por "Petites
mécaniques").
Deste autor xa tiña
previamente lido outro. "Almas grises" non
é que me apaixonara, polas expectativas creadas polo primeiro que lle lin, "La nieta del señor Lihn", máis curto pero
brillante.
Esta última novela que cito si que vola recomendó. En dúas
horas tela lido, devórala. Está moi ben escrita. Claudel é un escritor que narra divinamente; domina a técnica, coñece ben os recursos
narrativos, os suficientes como para que non sobre absolutamente nada.
Ningún comentario:
Publicar un comentario