CRÓNICAS
VIAXEIRAS DOS ‘CAZATESOUROS’
Visitei
Porto. Gustoume moitísimo, e o portugués máis ou menos o entendía case todo. É
unha cidade moi bonita: a un lado está Gaia, que é máis moderna e enfronte
Miragaia, que é máis vello, pero igualmente fermoso. Comín paella de bacallau,
e “francesinhas”, unha especie de sándwich envolto en queixo que leva carne,
chourizo e unha salsa, moi rico.
Museos non
visitei, nin puiden entrar nas librerías porque nos coincidiu en domingo. Queda
iso para outra vez. Pero si fixen algunha compra: unha figuriña dun barco, un
imán para a neveira e una libreta cunha foto do Porto na portada. Pregúntanme
se os portugueses son guapos. A verdade é que non me fixei moito… Si que me
impresionou Porto, é unha cidade espectacular.
Julia Barral Ávalos
Eu estou de
campamento, e un raposo pilloume un dedo. En serio. Era pola tarde. Estou en
Chichester, no sur de Inglaterra. Somos trinta españois (nenos e nenas), catro
rusos, un italiano e dous ingleses. De momento temos 180 minutos de clase
práctica de inglés, e outras tres horas de actividades físicas. As casiñas nas
que estamos instalados están moi ben e non vai frío. A comida pódese mellorar.
Non trouxen libros pero si unha libreta. Foi aquí, ao lado da casa, onde me
mordeu o dedo o raposo. Que conste que non atacan, son mansiños; eu estaba de
cócoras e achegouse buscando comida. Non era a primeira vez que vía un raposo,
cando era pequeno en Cobas tiñamos un de mascota, e alimentabámolo con filetes.
Do topónimo (Chichester) o único que sei é que ten a terminación típica que
aparece noutros, Winchester, Westiminster, pero non sei o que pode significar
Chich-
Pregúntanme
se xa visitamos a catedral, a verdade é que aínda non, iremos mañá.
Andrés Lois Graña Sánchez.
Ningún comentario:
Publicar un comentario