Seiichi Osabe, un estudante de Primaria tímido, inseguro e con poucos amigos, só pode sentirse seguro coa súa nai, que é moi sobreprotectora. A nai de Seiichi, Seiko, sente que co tempo o seu fillo se afasta cada vez máis dela e comeza a actuar con maior agresividade cara aos amigos e familiares que se relacionan con el, até o punto de ameazar e comprometer a seguridade deles.
Shüzö Odimi plasma con moita precisión o prexudicial que pode chegar a ser unha mala relación dun fillo/a co seu pai ou a súa nai...Abarcando desde un cariño e amor intensos até chegar a ataque psicóticos, non só estragando os vínculos coa persoa que amas, senón tamén feríndoa.
O guión deste manga envólvete cunha grande cantidade de drama, suspense e psicoloxía, creando unha inmensa sensación de alivio e positividade nos mmentos máis alegres da historia. O guión non é o único destacable neste manga, xa que Shüzö posúe unha gran técnica á hora de debuxar, e grazas ao seu talento podes notar con total nitidez os sentimentos que expresan os personaxes, á vez que desfrutar de preciosas paisaxes ao longo da historia.
Ismael Khairoun Mokhtari, ESA 4, Adultos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario