"A
Lingua das Bolboretas" é unha película ambientada en 1936, no contexto da
Segunda República e o golpe de estado realizado por parte dos sublevados, que
derivou na implantación da ditadura. A historia céntrase na amizade dun
profesor progresista que actúa coma mentor, Don Gregorio, e Moncho, o seu
alumno, que é fillo de simpatizantes republicanos e presenta dificultades
sociais.
A
ambientación da película é bastante correcta, dado que reflicte de forma
completa a situación vivida nesa época e o sentir da poboación, sobre todo na
transmisión da evolución da vida por
parte dos republicanos. Os actores interpretan un difícil papel de maneira
extraordinaria, con destacables recursos actorais e un sobresaínte Fernando Fernán
Gómez. O vestiario representa o mesmo estilo que usaba a poboación na década
dos 30, e a fotografía é o punto máis débil, pero acorde aos recursos que
posuían en 1999.
Alexia Miranda Coelho, 1º Bacharelato Adultos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario